• A veciñanza de 55 anos ou máis recibirá unha carta no seu domicilio que servirá como entrada ao evento

  • Deberá confirmar a súa asistencia no teléfono 981 886 501 ou no departamento de Servizos Sociais

  • O Concello poñerá un servizo de autobús para facilitar o desprazamento ao polideportivo

 

A Baña volverá celebrar o sábado 15 de outubro no pavillón de San Vicenzo a tradicional Festa dos Maiores, que dará comezo á unha da tarde. Durante os próximos días, a veciñanza de 55 anos ou máis recibirá na súa casa o convite para asistir a 27 edición dun evento que conta con gran aceptación e que se viu interrompido por causa da pandemia durante os dous últimos anos.

Os únicos requisitos para poder acudir á festa son os de ter 55 anos ou máis e estar empadroado no Concello da Baña. A propia carta do convite, asinada polo alcalde e que será enviada aos domicilios das veciñas e veciños servirá como entrada á festa, amosándoa xunto ao DNI. As persoas interesadas terán que confirmar á súa asistencia antes do 7 de outubro chamando ao número de teléfono 981 886 501 ou presencialmente no departamento de Servizos Sociais, aberto ao público de luns a venres en horario de 9.30 a 14.00 horas.

Coa fin de facilitar o traslado ao pavillón municipal, o Concello da Baña poñerá un servizo de autobús polas parroquias. Aquelas persoas que o vaian utilizar deberán dicilo no momento no que confirmen a súa asistencia.

O modelo da carta que recibirán os maiores pode consultarse no arquivo adxunto. 

Attachments:
Download this file (convite_festa_maiores.pdf)convite_festa_maiores.pdf[ ]1684 kB