20 de setembro de 2019
Fanse públicas as puntuacións totais da selección de participantes para as prazas de alumnado, equipa directiva e docente do obradoiro de emprego Xóvenes 2019 promovido polo Concello de Val do Dubra e conveniado cos concellos de Negreira, Santa Comba e A Baña.
O prazo de reclamacións será os días 23 e 24 de setembro, en calquera dos catro concellos participantes, de 9.00 a 14.00 horas.
Os documentos pódense consultar nos arquivos adxuntos.
18 de setembro de 2019
Faise público o resultado das entrevistas ao equipo directivo e docente do obradoiro de emprego Xóvenes 2019 promovido polo Concello de Val do Dubra e conveniado cos concellos de Negreira, Santa Comba e A Baña.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
16 de setembro de 2019
Faise público o resultado da entrevista de preselección de alumnado para realizar o obradoiro de emprego Xóvenes 2019 promovido polo Concello de Val do Dubra e conveniado cos concellos de Negreira, Santa Comba e A Baña.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
26 de agosto de 2019
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulles unha subvención aos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para a posta en marcha do Obradoiro de emprego “XÓVENES2019” para formar a 16 persoas durante seis meses.
Os módulos formativos que se van impartir son:
- Agricultura ecolóxica de nivel 2
- Animación físico-deportiva e recreativa de nivel 3
As persoas beneficiarias son xente moza de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa no momento da selección do alumnado (trinta) inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da CC.AA. de Galicia.
A sede do obradoiro estará no Concello de Val do Dubra, que actúa como concello promotor.
Os interesados en participar deberán mandar un mail á Oficina de Emprego Santiago-Norte (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) hoxe día 10 de setembro ou mañán 11 de setembro de 2019 dicindo que cumpren os requisitos e que queren participar no proceso de selección do obradoiro. As entrevistas terán lugar o venres 13 de setembro de 2019.