Mércores, 17 de xullo de 2019.
Fanse públicos os resultados finais do proceso de contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun capataz, un peón condutor e tres peóns para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019.
A listaxe pódese consultar no documento adxunto.
Venres, 12 de xullo de 2019.
Faise pública a listaxe de persoas que superaron a proba escrita do proceso de selección de persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
O Tribunal de Selección convoca ás persoas que figuran na listaxe o vindeiro martes 16 de xullo ás 9.30 horas na casa do Concello para levar a cabo a fase de entrevista.
O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos a esta páxina.
Mércores, 10 de xullo de 2019.
Faise pública a listaxe de admitidos no proceso de selección para a contratación laboral de cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
A listaxe pódese consultar no documento adxunto.
Sábado, 29 de xuño de 2019.
Faise público o anuncio e as bases para a provisión, en réxime de persoal laboral temporal, dun capataz, un peón condutor e tres peóns para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de xullo
Nos documentos adxuntos pódense consultar as bases e descargar a instancia para presentar as solicitudes.