Luns, 16 de agosto de 2021
Faise pública a resolución para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de incendios, composta por un/ha xefe de brigada, un/ha peón condutor e tres peóns de brigada.
A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, neste enlace (preme aquí).
Venres, 2 de xullo de 2021
Faise pública a listaxe de admitidos, data e hora das probas para o proceso de contratación como persoal laboral temporal da brigada de incendios composta por un/ha xefe de brigada, un/ha peón condutor e tres peóns de brigada e creación dunha bolsa de emprego.
As probas celebraranse o día 8 de xullo.
O listado pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, neste enlace (preme aquí).
Luns, 7 de xuño de 2021
Fanse públicas as bases reguladoras para a contratación como persoal laboral temporal da brigada de incendios composta por un/ha xefe de brigada, un/ha peón condutor e tres peóns de brigada e creación dunha bolsa de emprego.
As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 7 de xuño de 2021 (preme neste enlace) e poden consultar no arquivo adxunto
Tamén se inclúe o modelo de solicitude que deben cubrir as persoas interesadas en participar no proceso.
O prazo de presentación de solilcitudes é de cindo días hábiles e remata o luns 14 de xuño (debido a que o sábado 12 é día inhábil).