O Concello da Baña anuncia a contratación dunha (1) persoa para o posto de condutor tractorista baixo a modalidade de contrato temporal así como a creación dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de condutor-tractorista.
Requisitos: os establecidos nas bases que regulan a convocatoria
Presentación de solicitudes: Cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no periódico, no Rexistro Xeral da casa do Concello de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, ou polos medios regulados na Lei 39/2015, conforme ao previsto nas bases.
As bases que regulan a convocatoria pódense consultar no arquivo adxunto.