O Servizo de Atención Temperá da agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña ofrece atención en logopedia, fisioterapia e terapia ocupacional para promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento e favorecer a súa inclusión social e a igualdade de oportunidades.

O servizo conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas para a consolidación e expansión da Rede Galega de Atención Temperá 2024-2026, cofinanciadas pola Unión Europea.

Os horarios de atención son os seguintes:

  • Logopedia: luns, de 15.00 a 20.30 horas; martes, de 10.30 a 18.30 horas; xoves, de 9.00 a 14.00 horas; e venres, de 9.00 a 15.00 horas.
  • Fisioterapia: de luns a xoves, de 8.30 a 13.30 horas.
  • Terapia ocupacional: luns e xoves, de 8.00 a 14.00 horas; martes, de 8.30 a 13.30 horas; e mércores, de 9.00 a 13.30 e de 15.00 a 18.30 horas.

Para máis información, pódese contactar co servizo no teléfono 687 070 416.

Axudas Servizo Atencion Tempera