-
A actuación contou cun investimento municipal de 159.431,34 euros
-
As persoas interesadas en conectar as súas vivendas deberán tramitar a alta coa empresa concesionaria Espina & Delfín
O Concello da Baña rematou as obras de abastecemento de auga na aldea de Nantón, na parroquia de Monte. Esta actuación permitirá avanzar na dotación dun servizo básico para as vivendas deste núcleo e supuxo un investimento municipal de 159.431,34 euros, IVE incluído.
Unha vez finalizados os traballos, as persoas interesadas en conectar as súas vivendas á rede municipal deberán realizar os trámites correspondentes coa empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas, Espina & Delfín.
A atención presencial préstase todos os xoves, de 11.00 a 13.30 horas, na oficina situada na rúa Tedelle, no edificio da Escola de Música Emilio Andújar, na Baña. Para solicitar información ou resolver dúbidas, pódese contactar coa oficina da Baña no teléfono 981 88 65 01 ou coa oficina de Negreira no 981 88 15 69.
A ampliación da rede de abastecemento responde ao compromiso do Concello da Baña coa mellora dos servizos públicos e coa dotación das infraestruturas necesarias para favorecer a calidade de vida da veciñanza.