20260722 axudas Transporte web

 

O Concello da Baña informa que ata o día 5 de agosto estará aberto o prazo de solicitudes para as axudas ao transporte dirixidas aos estudantes da Baña que cursarán os seus estudos no IES Xulián Magariños de Negreira ou no IES Terra de Xallas de Santa Comba durante o curso 2026-2027.

Para o próximo curso, dispóñense un total de 25 prazas para estas axudas. O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 5 de agosto, unha vez publicadas as bases na Sede Electrónica do Concello da Baña e na páxina web municipal. Transcorrido este prazo, non se admitirán novas inscricións.

Este servizo de axuda ao transporte será de carácter temporal e estará en funcionamento desde setembro de 2026 ata xuño de 2027 (ambos meses incluídos), coincidindo co calendario escolar anual e en horario lectivo dos centros educativos.

As solicitudes deben presentarse utilizando os modelos recollidos na web do Concello e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello.

Para máis información sobre o proceso de solicitude e os requisitos, os interesados poden consultar a Sede Electrónica do Concello ou chamar ao teléfono do Concello 981 886 501.

As bases de funcionamento deste servizo así como as fichas de solicitude, de autorización do uso do teléfono e da orde de domiciliación de recibos poden descargarse na páxina web municipal (neste enlace).