20260105 Cartel ReisO Concello da Baña organiza o luns 5 de xaneiro unha programación especial para celebrar a véspera de Reis, que terá lugar no pavillón de San Vicenzo a partir das cinco da tarde.

A xornada comezará coa recepción oficial das súas Maxestades os Reis Magos, que repartirán agasallos para a rapazada e escoitarán as súas peticións e desexos. Ao rematar este primeiro encontro, as persoas asistentes poderán desfrutar de rosca e chocolate, nun ambiente festivo que contará tamén coa actuación do ilusionista Martín Camiña.

A programación continuará ás sete e media da tarde coa entrega dos premios do primeiro Concurso de Decoración de Nadal do Concello da Baña, unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Turismo, deporte e relacións institucionais para fomentar a participación veciñal e ambientar o municipio durante as festas.

Esta actividade está organizada pola concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadaníaoa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.