• A actividade, gratuíta, comezará ás seis na praza do Concello //

  • As inscricións poden facerse xa na área de Cultura ou chamando ao 981 886 501 //

 

O vindeiro sábado 1 de novembro, ás 18.00 horas, a praza do Concello converterase no punto de partida dunha nova aventura de medo e diversión: a Xincana de Samaín, unha actividade pensada para familias valentes que queiran poñer a proba o seu enxeño e traballo en equipo.

Nesta xincana, as persoas participantes terán que atopar pistas e resolver probas vencelladas ao Samaín, coa misión de axudar á señora Calacú a atopar a súa luz. A actividade desenvolverase pola contorna de San Vicenzo.

As inscricións, gratuítas, poden realizarse na Área de Cultura do Concello ou chamando ao teléfono 981 886 501.

É preciso levar lanterna durante o percorrido e lembramos tamén que os menores de 7 anos deberán participar na compaña dunha persoa adulta.

O Concello anima a todas as familias a participar nesta proposta que combina diversión e tradición e que busca manter viva a tradición do Samaín nunha das datas máis especiais do outono.