20251018 Magosto verticalO sábado 18 de outubro, o Concello da Baña convida a toda a veciñanza a gozar do tradicional Magosto, nunha tarde de convivencia e festa que combinará maxia, música e castañas asadas.

A partir das 17.00 horas, na Escola de Música Emilio Andújar, celebrarase unha xornada pensada para todas as idades. O Mago Teto abrirá a tarde cunha actuación chea de ilusións e humor. Despois, as persoas asistentes poderán degustar castañas asadas de balde, e para rematar a festa, haberá unha animada foliada coa participación de membros da Escola de Música Tradicional da Baña.

O Magosto está organizado pola Concellería de Acción social, cultural e servizos á cidadanía, coa colaboración da Asociación Alborada.