• Disputouse a pasada fin de semana nas pistas de Lañas en dúas intensas xornadas que comezaron ás 9 da mañá e remataron de madrugada //

  • O alcalde, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deportes, Ana Pensado, participaron na entrega de material deportivo aos finalistas //

Un total de 53 parellas, repartidas en cinco categorías, participaron a pasada fin de semana do 18 e do 19 de outubro no IV Torneo de Pádel A Baña, que se disputou nas pistas de Lañas.

Foron dous días de intensa competición, con partidos celebrados desde as nove da mañá ata entrada a madrugada, nun ambiente excepcional de deportividade e compañeirismo, tanto dentro como fóra das pistas.

As persoas finalistas de cada categoría recibiron premios en material deportivo. O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deportes, Ana Pensado, achegáronse ás pistas durante a fin de semana e participaron na entrega de premios, acompañando os deportistas nesta cita xa consolidada no calendario deportivo local.

Así quedaron os finalistas por categorías:

Iniciación
1º Fernando – Borja
2º Markel – Adrián

3ª feminina
1º Saleta – Alicia
2º Paula – Alaska

3ª masculina
1º Santi M. – Miguel G.
2º Martín – Adrián

3ª mixta
1º Iván P. – Alicia
2º David R. – Noelia

2ª masculina
1º Dani – Adrián
2º Budiño – Dani Pichel

O Concello da Baña quere darlle as grazas a todas as persoas participantes pola súa deportividade, esforzo e entusiasmo durante todo o torneo. O éxito desta nova edición dálle azos para comezar a preparar xa a próxima cita.