-
n total de 45 parellas daranse cita nas pistas do pavillón de Lañas
-
Disputaranse cinco categorías: 2ª masculina, 2ª feminina, 2ª mixta, 3ª masculina e iniciación feminina
Con récord de participación, grazas ás 45 parellas inscritas, o Concello da Baña celebrará esta vindeira fin de semana do 9 e do 10 de novembro a terceira edición do seu Torneo de Pádel. A competición, dirixida a xogadores afeccionados maiores de 10 anos, desenvolverase ao longo do sábado e do domingo nas pistas do pavillón de Lañas.
Disputaranse un total de cinco categorías: 2ª masculina, 2ª feminina e 2ª mixta; 3ª masculina; e iniciación feminina. Levarán trofeo as parellas mellor clasificadas en cada unha delas.
Os cadros de xogo xa se poden consultar nas imaxes que acompañan esta noticia. Por causa do elevado número de participantes, a organización advirte de que non se xogarán as finais de consolación, polo que as parellas eliminadas terán ás pistas a súa disposición nos horarios en que queden libres.
O III Torneo de Pádel A Baña está organizado pola Concellería de Turismo, deporte e relacións institucionais bañense, coa colaboración da Deputación da Coruña. As dúas edicións anteriores do torneo contaron con 27 e 36 parellas, respectivamente. Todas as persoas participantes recibirán un obsequio de benvida.
As bases do torneo inclúense no arquivo adxunto.