• A Baña dispón de tres prazas na quenda que vai do 16 ao 21 de xullo ||
  • As solicitudes deberán presentarse no Concello ata o 7 de xuño ||

A Deputación da Coruña abre mañá, mércores 10 de maio e ata o 7 de xuño, o prazo para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2023, que se celebrarán nas instalacións do instituto Rosalía Mera, na Coruña. Están dirixidos a rapazada de nada entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014, é dicir, entre 9 e 14 anos. Ao Concello da Baña concedéronlle 3 prazas na quenda que vai do 16 ao 21 de xullo. As inscricións realizaranse no Concello da Baña.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2023

  • Lugar: Instalacións do IES Rosalía Mera, rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña.
  • Datas: do 16 ao 21 de xullo de 2023.
  • Destinatarios: rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos anos, cumpridos no presente ano.
  • Programación: actividades e xogos ao aire libre e nas instalacións do instituto; deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
  • Prezo: 85 euros.
  • Inclúe: transporte interno, estadía, manutención e actividades.
  • Nº de prazas: 3. Teñen preferencia os nenos e as nenas que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. No caso de ser máis solicitudes que prazas, o Concello realizará un sorteo público diante do secretario.
  • Inscricións: ata o 7 de xuño, no Concello da Baña.

Máis información e ficha de inscrición no arquivo adxunto.