-
A carreira, non competitiva, sairá ás cinco da tarde da Praza do Concello
-
Anímase ás persoas participantes a acudir disfrazadas para cubrir un percorrido de catro quilómetros
O Concello da Baña despedirá o ano este 31 de decembro coa celebración da súa primeira San Silvestre, unha carreira de catro quilómetros non competitiva que se organiza coa idea de fomentar hábitos saudables combinando a práctica deportiva e a diversión. Por este motivo, anímase a todas as persoas participantes a que acudan disfrazadas á saída, programada para as 17.00 horas dende a Praza do Concello.
As persoas interesadas en correr esta I San Silvestre da Baña deberán inscribirse previamente mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou un wasap ao número de teléfono 669 368 413. Nas súas mensaxes terán que facer constar nome, apelidos, DNI e número de teléfono. Os menores de 12 anos deberán correr na compaña da súa nai, pai ou un/ha titor/a.
Seguindo as recomendacións fronte a Covid 19, a saída efectuarase coa máscara posta e só poderá baixarse unha vez se logre manter a distancia interpersoal de metro e medio co resto das/os corredoras/es. Dende a organización da carreira, lembráselle ás persoas participantes que se aplicarán os protocolos de seguridade acordados polas autoridades sanitarias en función da evolución da pandemia e que terán que cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas