Lugar: A Pobra de Trives (Ourense)

Aloxamento: estación invernal de Manzaneda

Datas: do 27 de febreiro ao 1 de marzo de 2015

Destinatarios: rapaces/as nados/as nos anos 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001

Cota: 60€

Inclúe: transporte, estadía e manutención en hotel na estación invernal de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material incluído o casco, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados

Núm. de prazas: 3 (*)

(*) O Concello realizará un sorteo público diante da secretaria, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.

Inscrición: no Concello da Baña ate o 19 de decembro

Informaciónhttp://www.dicoruna.es/files/9014/1690/6431/Triptico_nieve_2015.pdf

Documentación que se entregará:

- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante

- Unha foto tipo carné

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia

- Copia de aboamento (cando a praza estea confirmada)

- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que haxa que ter en conta, achegarase un certificado médico asinado polo facultativo; de igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo

Organiza: Deputación Provincial da Coruña

Colabora: Concello da Baña

Ficheiros: 

Cartel_Campana_de_Esqui_2015.pdf

Triptico_nieve_2015.pdf