O Concello da Baña organiza o vindeiro 2 de outubro un curso de formación sobre a Sede electrónica do municipio. Neste taller ensinaráselles aos participantes o funcionamento desta páxina web na que se pode solicitar subvencións, pedir licenzas, consultar e facer xestións durante as 24 horas do día coas diferentes administracións públicas e dente calquera dispositivo (ordenador, tablet ou teléfono).
A participación é gratuíta e celebrarase o día 2 de outubro (mércores), de 10.00 a 12.00 horas nas dependencias municipais.
Podes pedir máis información e inscribirte nas dependencias municipais ou nos teléfonos 981 886 777 e 682 859 367.