• Os Campantes da Baña, Silvia Redondo, Faíscas da Pontraga e Os Monifates porán a nota musical na xornada festiva

  • Haberá menú xacobeo, mercado de produtos da terra e de artesanía e talleres de instrumentos musicais ou conservas

 

20210926 Cartel Romaria Xacobea Seilan 1A Baña acollerá o vindeiro domingo 26 de setembro a I Romaría Xacobea O Seilán, unha festa popular con música folk, artesanía e gastronomía. As actividades, que inclúen música, mercadiño, xantar e talleres, comezarán ás 11 da mañá e prolongaranse ata as 8 da tarde.

Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos da terra na carballeira do Seilán, ademais de talleres de xardín xacobeo, cestos, barro, papel, conservas, produtos de beleza natural e instrumentos musicais. Amenizarán a xornada Os Campantes da Baña, Silvia Redondo, Faíscas da Pontraga e Os Monifates. Non faltará o capítulo gastronómico, cun Menú Romaría Xacobea a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, rosca e café por un prezo de 13 euros para as primeiras 100 persoas que reserven praza no número de teléfono 682 859 367.

O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.