20200421 axudas pemes autonomosO Instituto de Crédito Oficial (ICO) converteuse nun dos eixes das garantías do Estado aos créditos concedidos polos bancos a autónomos e ás pemes afectadas pola crise da covid-19, pero tamén están as sociedades de garantía recíprocas (SGR), que lanzaron paquetes de garantías e axudas. Contan cunha liña especial de apoio da Compañía Española de Reafianzamento (CERSA) que dá un 75% de cobertura ás operacións de garantía para financiamento das empresas afectadas.

A Xunta de Galicia, a través do Igape, pon tamén a disposición de pemes e autónomos unha liña de financiamento para inxectar liquidez e poder facerlle fronte ás consecuencias provocadas pola situación de emerxencia sanitaria, ofrece apoios para atender as necesidades máis inmediatas, como pode ser o pago de salarios, facturas, alugueiros ou impostos.

Este programa instruméntase a través dun convenio de colaboración da Xunta de Galicia no que participan as sociedades de garantía recíproca (SGR) Afigal e Sogarpo. Con este acordo, o Igape reavalará ata un máximo do 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, polo que o límite de garantía conxunta, sumada á que ofrece o Estado a través do Cersa, pode acadar ata o 80% das operacións.

Máis información:

www.ico.es

www.cesgar.es

www.afigal.es

www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP393