LIBRO 5 DO CLUB DE LECTURA A BAÑA EN GALEGO

Autor: Domingo Villar
Título: Ollos de auga
Data de lectura:

maio de 2011

Resumo: “Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa.” (Editorial Galaxia)
   

Na próxima sesión que será o 1de xuño de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na biblioteca do CPI San Vicente compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse polo CPI San Vicente na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña, a EEI de Lañas e o CPI SanVicente queren agasallar a todas as nais no seu día recollendo, ao longo do mes de maio, os ditos que veñen repetindo desde hai moitos anos e que se van transmitindo de xeración en xeración.

Este traballo de recollida vaino realizar, principalmente, o alumnado aínda que tamén pode participar toda persoa interesada a través do blog do SNL (snl.concellodeabana.es) ao que se pode acceder a través da páxina web do Concello (www.concellodeabana.es).

Todas as persoas participantes pódenlle engadir ao seu dito a fotografía da mamá para así poder facer, máis tarde, unha exposición conxunta de ditos e fotografías.

Esta actividade ten como finalidade recuperar, manter e difundir os nosos ditos, especialmente entre a mocidade.

Ficheiros: 

Ditos_de_mamas.pdf

As escolas infantís de Lañas e de Aro, xunto coas súas familias e co profesorado, participaron nunha visita ao concello da Baña o pasado 8 de abril.

Despois de encontrarse na Praza do Concello ás 9.30 h, visitaron a casa do concello. Alí, no salón de plenos, simularon un pleno no que o alumnado de infantil experimentou diferentes roles e tomou as decisións pertinentes que plasmaron na correspondente acta.

Ás 10.00 h, trasladáronse á casa de cultura e colaboraron con Urxa, a trasno da biblioteca da Baña, nun contacontos e aproveitaron para facer o carné de socios/as da aula de lectura.

Máis tarde, ás 11.00 h, a Escola Municipal de Música convidounos/as a que visitasen as súas instalacións e a que participasen nun mini-concerto didáctico a cargo do profesor de música Juan Ramón Leis, do alumno Esteban García, do gaiteiro Emilio Lois e da tamborileira Raquel Iglesias.

Despois destas actividades, ás 12.00 h, aproveitaron para merendar, descansar e xogar na área recreativa Agra de Chans.

Remataron as actividades no muíño de Ponte Calexa. Alí puideron aprender o funcionamento dun muíño de auga grazas á colaboración dos veciños de Fiopáns María del Carmen Torreira Souto e José Roberto Pérez Turnes, cantar as cantigas tradicionais que semanas antes recolleran os nenos e as nenas entre as súas familias e gozar dunha fermosa paisaxe.

Finalmente, regresaron á Praza do Concello onde finalizaron unha mañá chea de emocións e de aprendizaxe.

Ficheiros: 

A_trasno_Urxa.pdf

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña, en colaboración coa Biblioteca Municipal e con Preescolar na Casa, oferta un maratón de contacontos con motivo de conmemorar o Día do Libro.

Hora: 17.00 a 20.00

 Data: 28/04/2011

Lugar: casa da cultura (biblioteca municipal)

Todas as persoas interesadas en participar poden anotarse con anticipación ou achegarse pola biblioteca o mesmo día.

Contacto: 981 886 501 (Servizo de Normalización Lingüística)

              981 817 605 (Biblioteca Municipal)

Sortearase un lote de libros entre todas as persoas participantes.

Ficheiros: 

img049.pdf

LIBRO 4 DO CLUB DE LECTURA A BAÑA EN GALEGO

As persoas participantes no Club de Lectura A Baña en Galego decidiron escoller como libro para este mes de abril Trece badaladas de Suso de Toro.

Na próxima sesión que será o 4 de maio de 2011 en horario de 16.00 a 17.00 h na biblioteca da casa da cultura compartirán a súa opinión sobre o libro e escollerán a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña.

Autor: Suso de Toro
Título: Trece badaladas
Data de lectura: abril de 2011
Resumo:

“Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha produtora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, descobre que o seu texto nunca lle fora entregado ao produtor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima á súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá os mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.

Trece badaladas é un relato que arrinca dun antigo acto de rebelión, moi afastado no tempo. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermético sobre un mar de pedra. Un paseo polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída como unha rexa catedral románica.” (Edicións Xerais de Galicia)