BASES

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que redactar unha noticia, unha editorial, unha crónica, unha reportaxe, unha entrevista, un artigo de opinión… calquera texto orixinal que pertenza ao xénero periodístico.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa redacción no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en   lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade...

QUINTA. As redaccións estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as redaccións nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas polos/as participantes nas aulas.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de libros que se repartirá entre as persoas gañadoras.

NOVENA. Os/As gañadores/as do concurso autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome, o seu traballo e a súa imaxe con fins informativos en relación con este concurso.

DÉCIMA. As persoas participantes poderán presentar ata un máximo dunha redacción por mes desde este momento ata final do curso académico 2011/12.

Ficheiros: 

Correspondentes_desde_A_Bana.pdf

Os nenos e as nenas da Escola Infantil de Lañas e do CPI San Vicente completaron o conto do Apalpador nestas datas do Nadal por proposta do Servizo de Normalización Lingüística.

Ficheiros: 

O_APALPADOR.pdf

O Concello da Baña, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, vai iniciar a campaña solidaria “Una sonrisa para Aitana”.

A devandita campaña consiste na recollida de tapóns de plástico de calquera tipo co fin de recadar fondos para poder operar a pequena de 9 anos de Tarazona (Zaragoza). Aitana naceu cunha cardiopatía conxénita, atresia pulmonar sen tronco pulmonar con colaterais.civ, comunicación interventricular e fisura palatina. A única solución que lle propón o persoal médico é un dobre transplante de corazón e pulmón, unha operación moi complicada que cre posible o doutor Pedro del Nido do Children´s Hospital de Boston.

O Concello da Baña únese a esta campaña solidaria facilitando a recollida de tapóns de plástico tanto na casa do concello (departamento de Servizos Sociais), coma no Centro Social e da Terceira Idade. A Alcaldía anima a veciñanza da Baña a axudar nesta boa causa solidaria.

Máis información na páxina www.unasonrisaparaaitana.org ou a través do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Ficheiros: 

campana_20solidaria_1_.pdf

Os nenos e as nenas do Concello da Baña teñen a posibilidade de participar na actividade Conto colectivo de Nadal que ofertan o Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal na sala de lectura da casa de cultura en horario de 17.00 a 20.00 h de luns a venres.

Ficheiros: 

Conto_colectivo_de_Nadal.pdf

Autor: Teresa Moure
Título: A xeira das árbores
Data de lectura:

novembro de 2011

Resumo:

“Ao longo dun día, Clara, unha muller con tres fillos, tradutora de profesión, debulla a súa andaina vital, as súas ocupacións e os seus desexos. Mentres vai e vén, na ateigada xeira dunha muller do noso tempo, a protagonista reflexiona, nun prolongado monólogo interior, sobre a súa vida e mostra a súa intención de resistirse fronte aos que queren convertela nun tópico.

Os puntos de vista dos que se van cruzando con ela ao longo da xornada completan unha visión coral e contribúen a dar valor simbólico a Clara, que é unha muller árbore, desas que crecen enraizadas no chan, ofrecendo as súa pólas aos ventos que sopran: o vento da violencia de xénero, o vento da inestabilidade laboral e das relacións de poder cos superiores ou, sobre todo, o vento da incomunicación entre os seres humanos. Mais tamén, ao acubillo de Clara, coma ao pé de todas as árbores, medran a tenrura, a sensualidade, o amor e os soños.”

(Sotelo Blanco Edicións)

   

Na próxima sesión que será o 7 de decembro de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).