- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1274
BAILE
Nova tempada
DATA DE INICIO: 13 de novembro de 2010
LUGAR: Centro Social e da Terceira Idade
HORA: a partir das 19:00 horas
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1146
OUTONO CULTURAL 2010
- PETER PUNK: 20 de novembro, ás 21.30 h no Local Social de Lañas
- ROI SIXTO: 27 de novembro, ás 21.00 h no Local Social da Riba
- CHARO PITA: 4 de decembro, ás 20.00 h no Local Social de San Cibrán
- GAZHAFELHOS: 5 de decembro, ás 20.00 h no Local Social de Cabanas
- MAGO MARTYN: 8 de decembro, ás 17.00 h no Local Social de Barcala
- GRUPO DE CÁMARA SIGLO DE ORO: 19 de decembro, ás 18:00 h no Centro Social e da Terceira Idade
ORGANIZAN: Concello da Baña e Deputación Provincial da Coruña
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1226
A BAÑA COAS TIC
BLOGALÍZATE NA BAÑA
Blogs e páxinas web en galego que pagan a pena
BASES
PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.
SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escoller o seu blog ou páxina web preferida en galego.
TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa escolla no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade...
QUINTA. As escollas estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.
SEXTA. Quedarán eliminadas todas as escollas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.
SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas ao chou de entre todas as participantes.
OITAVA. O premio consistirá nun lote de cinco USB que se repartirán entre as persoas gañadoras.
NOVENA. O sorteo será público e realizarase o día 17 de decembro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.
DÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.
UNDÉCIMA. O nome das persoas gañadoras publicarase na páxina web do Concello da Baña e na do CPI San Vicente.
DUODÉCIMA. Poderán ser excluídas aquelas propostas que non resulten atractivas, interesantes e orixinais.
DÉCIMO TERCEIRA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.
CONTACTO
Tel.: 981 886 501
Fax: 981 886 616
Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Departamento de Lingua Galega
do CPI San Vicente
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1142
O Concello da Baña ofrécelles aos/ás inmigrantes a posibilidade de participar no Curso de galego básico para inmigrantes co fin de favorecer a súa integración na contorna.
Días: 9, 10, 16, 17, 22, 23, 24, 30 de novembro
Horario: de 16.00 a 17.00 h
Lugar: sala de lectura da biblioteca municipal
Para poder participar, quen estea interesado/a debe inscribirse na casa do concello, en horario de atención ao público (de 9.00 a 14.00 h).
En caso de dúbida, pode chamar ao teléfono do concello 981 886 501 ou enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1172
ANÍMATE NA BAÑA
DINAMIZACIÓN DE ADULTOS
HORARIO DAS ACTIVIDADES
17:00 h | 18:00 h | 19:00 h | |
Luns 8 novembro |
San Xoán de Barcala |
San Cibrán de Barcala |
San Mamede do Monte |
Martes 2 novembro |
Sta. Cristina De Marcelle |
San Miguel de Cabanas |
Sta. Mariña do Barro |
Mércores 3 novembro |
San Mamede de Suevos |
San Salvador da Ermida |
San Xoán da Riba |
Xoves 4 novembro |
Sta. María de Ordoeste |
San Cristovo de Corneira |
|
Venres 5 novembro |
San Pedro de Fiopáns |
Sta. Mª de Troitosende |
Sta. Baia de Lañas |
As especialidades que se impartirán son:
- Obradoiro de música tradicional (recuperación de cancións antigas, clases de pandeireta….)
- Talleres de cálculo e memoria
- Taller de elaboración de complementos (pendentes, pulseiras, broches…) con FIMO
- Arte floral
- ……..
ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!