• Laura Saavedra e Mario Rodríguez impuxéronse no trail curto, de 16 km.

  • Eva Formoso foi a vencedora do trail promesa, ao chegar a meta un minuto antes que Roi Mourón, que se xogou a vitoria ao pedra, papel, tesoira co seu amigo Alex Tajes

  • Por equipos, os vencedores foron a SD Barbantia Roda, o Dubra Team e o Running Arteixo, por esta orde

Eva formoso

Pablo Villa González foi esta mañá o vencedor absoluto do Trail da Baña, tras facer os 28 quilómetros de percorrido en pouco máis de dúas horas e media (2:33:41). Na categoría feminina a vencedora foi Raquel Estévez Alonso, cun tempo de 3:38:14. No trail curto, de 16 km, Laura Saavedra (2:18:30) e Mario Rodríguez (1:42:45) foron os vencedores. (Ver clasificacións oficiais neste enlace).

As mulleres foron as máis rápidas na categoría promesa, ao rematar os 8 quilómetros dep percorrido en menos dunha hora, un minuto menos que os primeiros homes. Eva Formoso Recarey, do Triki Team, fixo un tempo 0:59:26, chegando un minuto antes que Roi Mourón (1:00:48). Precisamente, Roi rematou o percorrido xunto co seu amigo Alex Tajes, e entre os dous se xogaron a vitoria ao pedra, papel, tesoira xusto antes de cruzar a liña de meta, que pasou en primeiro lugar Roi Mourón. O podio nesta categoría estivo formado por Eva Formoso, Rocío Riveiro (0:59:43) e Sabela Tuñas (59:59) na categoría feminina e por Roi Mourón e Alex Tajes (1:00:33) e Brais Agra Sánchez (1:00:45), na categoría masculina.

Roi mouronazul Alex Tajes

Nunha xornada na que a choiva foi a protagonista, preto de 300 persoas tomaron a saída nas diferentes categorías do Trail da Baña. Medio cento participaron na proba longa, cun percorrido de 28 quilómetros polos montes da Baña e un desnivel acumulado de mil metros. Nesta categoría, os vencedores foron Pablo Villa (2:33:41), Jaime García (2:41:03) e Rubén Martínez Mayo (2:51:34). As tres primeiras mulleres en cruzar a meta foron Raquel Estévez (3:38:14), Laura Felípez (3:41:53) e Kenia Estrada (3:46:20). 

O mini trail, cun percorrido de 16 quilómetros e 800 metros de desnivel, foi o que contou con maior número de persoas participantes, con máis dun cento de atletas tomando a saída. Os vencedores nesta categoría foron Mario Rodríguez (1:42.45), Roberto Galado (1:42:51) e Felipe Corral (1:42:53), mentres que as atletas máis rápidas foron Laura Saavedra (2:18:30), Paola Estrada (2:21:57) e Maite Salgado (2:45:35).

A xornada contou tamén cunha andaina non competitiva de 10 quilómetros, na que participaron unhas 80 persoas.

Pablo Villa Gonzalez

Organizada polo Concello da Baña, esta sétima edición do Trail da Baña estivo controlada polo comité técnico de árbitros da Federación Galega de Atletismo e forma parte do calendario galego oficial de trail running. 

A proba contou co patrocinio oficial de Ternera Galega, que ofreceu unha degustación gratuíta de produtos para que todas as persoas participantes puidesen repoñer forzas ao rematar o percorrido.

Podio Absoluto Bana

Clasificacións

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deportes, Ana Pensado, entregaron os trofeos aos gañadores das diferentes categorías acompañados por José Ramón Gómez, representante de Ternera Gallega.

Os podios nas diferentes categorías quedaron do seguinte xeito.

Trail longo (28 km)

Categoría absoluta: Raquel Estévez, Laura Felípez e Kenia Estrada; e Pablo Villa, Jaime García e Rubén Martínez.

Sénior: Adrian Abelenda, Jorge González e José Martinón.

Máster 1: Vanessa Varela e Lorenzo Lourido, José Manuel García e Agustín Crespo.

Máster 2: Roberto Riobó, César Rodríguez e Jorge Manuel García.

Trail curto (16 km)

Categoría absoluta: Laura Saavedra, Paola Estrada e Maite Salgado; e Mario Rodríguez, Roberto Galego e Felipe Corral.

Sénior: Thalía Troitiño, Rosa Ana Gómez e Rebeca Sesto; e Miguel Montero ,David Seage e Ramón González.

Máster 1: Lali Aguilera, Melina Martínez e Noa Caramés; e Alberto González, Pablo Fadeville e Santi Pazos.

Máster 2:  Tina Formoso e Carmen Rios; e Carlos Lado, Juan Manuel Calvo e Rubén Laria.

Primeiros atletas locais: Pablo Fadeville, Carlos Martínez e Antonio Barreiro.

Trail promesa (8 km)

Categoría absoluta: Eva Formoso, Rocío Riveiro e Sabela Tuñas, e Roi Mourón, Alex Tajes e Brais Agra.

Sub-16: Irene Balado, Ana Ézara e Paula Rodríguez, e Miguel Ángel Castro.

Sub-18: Lucas Ribó, Brais García e Jesús García.

Sénior/máster: Eva González, Patricia González e Ana Isabel López, e Alberto Agra, José Manuel Rodríguez e José Manuel Blanco.

Clasificación por clubes:

Sociedade Deportiva Barbantia Roda (40 puntos), Dubra Team (47) e Running Arteixo (50 puntos).

Clubes con máis participación:

Trasdeza Trail&Run, Asociación BJ Running Team e Dubra Team.

Saida trail longo