-
A inscrición está aberta ata o luns 4 de novembro ás 23.59 h
-
Ten un custo de 5 euros por participante; 8 € no caso de inscribrse en dúas categorías
O Concello da Baña anuncia a celebración do III Torneo de Pádel A Baña, que terá lugar na fin de semana do 9 e 10 de novembro no Pavillón de Lañas. Esta competición, dirixida a xogadores afeccionados maiores de 14 anos, ofrecerá varias categorías para fomentar a participación e o deporte entre a veciñanza.
O prezo de inscrición será de 5 euros por participante, e 8 euros para aqueles que se inscriban en dúas categorías. Todos os participantes recibirán un obsequio de benvida. As inscricións estarán abertas ata o 4 de novembro ás 23:59 horas, podendo realizarse a través do teléfono 633 499 635 (Dani).
Nesta terceira edición hai seis categorías dispoñibles: 2ª masculina, feminina e mixta; 3ª masculina; e iniciación masculina e feminina. Cada unha delas debe contar cun mínimo de oito parellas inscritas para poder formar grupo.
A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal 24 horas antes do inicio do torneo. No caso de non poder xogar o partido na hora indicada, as persoas participantes poderán dirixirse ao comité de competición para que faga as pertinentes modificacións sempre que sexa posible.
O III Torneo de Pádel A Baña está organizado pola Concellería de Turismo, deporte e relacións institucionais bañense, coa colaboración da Deputación da Coruña. As dúas edicións anteriores do torneo contaron con 27 e 36 parellas, respectivamente, e a organización espera superar estas cifras nesta nova convocatoria.
Para máis información sobre as bases do torneo, pódese consultar a normativa no documento adxunto ou premendo nesta ligazón.