- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1036
Clases
de
Gaita
Comezo: 18 de outubro
Horario: venres, de 20.00 a 21.00 horas
Lugar: Local Social da Baña
Prezo da matricula: 30 €/ano
Inscrición:Concellaría de Cultura
Teléfonos: 981 886 501 – 607 151 889
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1115
Duración do curso:2 meses do 21/10/2013 ao 18/12/2013
Horario: os luns e os mércores de 17.00 a 19.00 horas
Prezo:40 €/mes
Destinatarios/as:todas as idades cun grupo mínimo de 13 persoas
Inscrición einformación:na Concellaría de Cultura antes do 15/10/2013, ou nos teléfonos 981 886 501e607 151 889
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1087
VIAXE CULTURAL 2013
Datas: do 17 ao 20 de outubro
Visitando: Viseu, Ciudad Rodrigo, Peña de Francia, Alberca, Miranda del Castañar, Salamanca, Zamora e Puebla de Sanabria
Saída: o día 17 de outubro, ás 7.00 horas desde a Praza do Concello
Prezo por persoa: 250 €
O prezo inclúe: viaxe en autocar, pensión completa, comidas en ruta, seguro de viaxe e guía acompañante
Destinatarios/as: maiores de 18 anos
Inscrición e información: na Concellaría de Cultura do 30 de setembro ao 11 de outubro, ou nos teléfonos 981 886 501 ou 607 151 889
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1003
As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 5 de novembro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar o libro O gardián invisible de Dolores Redondo e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.
Autora: | Dolores Redondo |
Título: | O gardián invisible |
Data de lectura: |
outubro de 2013 |
Comentario: |
“Dolores Redondo Meira, unha autora vasca de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.” (Edicións Xerais de Galicia) |
Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1068
As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 1 de outubro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar os librosTonas de Laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Non quero ser Doris Day de Inma López Silva e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.
Autores: | María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón |
Título: | Tonas de laranxa |
Data de lectura: |
setembro de 2013 |
Comentarios: |
“Tonas de laranxa, a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un “acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora”. Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amara e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira.” (Edicións Xerais de Galicia) |
Autora: | Inma López Silva |
Título: | Non quero ser Doris Day |
Data de lectura: | setembro de 2013 |
Comentarios: |
Unha muller foxe a París buscando refuxio sentimental para superar un desengano amoroso e inspiración para escribir a gran novela da literatura galega. Esta historia persoal mestúrase cunha trama relacionada co roubo duns cadros. Esta novela foi concibida para presentarse a un certame de novela por entregas no que resultou finalista. Son capítulos breves nos que a protagonista vai desvelando a súa peripecia parisiense a través de cartas que lles escribe ás súas amigas. |
Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).