Ficheiros: 

triptico_veran_2014_01.pdf

FICHA_DE_INSCRICION_01 (1).pdf

XUNTANZA DOS MAIORES NO CARBALLIÑO

- Data: Sábado, 14 de xuño de 2014

- Hora e lugar de saída: 8.45 h. da Praza do Concello

- Inscrición: Antes do 3 de xuño, no Concello da Baña ou no teléfono 981 886 501 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

- Prezo: 10 euros (inclúe transporte en autobús e seguro de responsabilidade civil). Non inclúe a comida.

PROGRAMA

10.00 h. Ruta de Sendeirismo

              Saída e chegada: Área Recreativa de Chans

                                          San Vicenzo da Baña

                Distancia: 8 Km

                Dificultade: media-baixa

13.00 h. Comida campestre

              * cada un leva a súa comida (tipo pícnic)

Pola tarde:

                - Inchables

                - Xincana de xogos

                - Máis sorpresas

INFORMACIÓN

Destinatarios/as: aberto a todas as persoas interesadas

Inscrición: Concello da Baña

Equipo recomendado:

- Calzado cómodo (outro par para cambiar)

- Calcetíns de algodón (outro par para cambiar)

- Roupa de algodón cómoda

- Gorra e protección solar factor alto

- Chuvasqueiro se chove

- Auga e algunha chocolatina, froitos secos, froita...para coller forzas nas paradas intermedias.

ORGANIZA: Concellaría de Xuventude e Deportes

Ficheiros: 

Cartel_clausura.pdf

Como todos os anos, a Escola de Educación Infantil de Lañas xunto co Concello da Baña organizaron un encontro coas escolas de Aro e San Vicenzo. Este ano, o percorrido foi pola parroquia de Cabanas, concello da Baña. Nesta visita, os nenos puideron comprobar como os gandeiros da zona coidan as súas explotacións de leite.

Primeiro, pasaron pola granxa de Liñares; alí viron o nivel de automatización do seu traballo; as máquinas estaban presentes en case todas as tarefas: limpar as cortes, muxir, dar de comer… incluso teñen unha sala para masaxes. Despois, aproveitaron na explotación de Paredes para ver as vacas pacendo ao aire libre, darlle de mamar aos cuxos e aprender a facer queixo fresco.

Ao remate da excursión, cando se despediron, quedaron coa sensación dunha experiencia enriquecedora pero sobre todo entrañable pola acollida que lles ofreceron os seus anfitrións, os donos das granxas e as súas familias. Esta é a tónica xeral de todos os anos; estas visitas son moi boas oportunidades para coñecer a contorna e as súas xentes e para que os nenos dos distintos centros interactúen.

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/as-escolas-infantis-da-comarca-barcala-celebraron-xuntanza-anual/idEdicion-2014-05-26/idNoticia-870853/