A actividade consistirá en sacar e difundir fotos de diversos colectivos da contorna (centros educativos, escolas deportivas, escolas de música, garderías, puntos de atención á infancia...) cunha pancarta de apoio e defensa da lingua galega. Comezou coa escolas infantís de Lañas e de Aro, o 13 de febreiro, co fin de poder relacionala  co amor que senten pola lingua todos os colectivos participantes.

Seguiremos engadindo, en próximas datas, as fotos de todos os colectivos que se vaian sumando.

Enlaces:

www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2015/02/13/span-langglbarcala-apoia-galego-dende-infanciaspanbr-/0003142385455906551864http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2015/02/13/span-langglbarcala-apoia-galego-dende-infanciaspanbr-/00031423854559065518645.htm5.htm

www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2015/02/14/bana-campana-polo-galego-dende-infancia-nas-escolas-lanas-aro/0003_201502S14C8994.htm

AUTORIZACIÓNS MUNICIPAIS PARA VERBENAS E FESTAS POPULARES EN GALICIA (art. 42 da Lei de emprendemento e competividade económica de Galicia)

1. As entidades locais, de acordo co establecido na Lei de medidas urxentes derivada da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, seguen a ser competentes para outorgar as licenzas en materia de verbenas e festas, no caso de que esta sexa necesaria.

2. As verbenas e as festas populares celebradas nun só municipio e sen instalación ou escenarios móbiles non precisarán de licenza municipal; resultará suficiente para a súa celebración a comunicación previa ao concello.

3. Nos casos en que sexa necesaria a licenza municipal porque se vaia utilizar un escenario ou estrutura móbil, a esixencia de proxecto técnico, quedará cuberta coa achega da seguinte documentación:

        A solicitude de licenza.

        O CIF da entidade organizadora.

        O NIF da persoa representante da entidade organizadora.

        O xustificante que acredite pagar os dereitos legais á Sociedade de Autores de España.

        Os contrato/s laboral/is da/s orquestra/s, que vaia/n actuar nos ditos festexos populares.

        Os xustificante/s que acredite/n o ingreso da cota da Seguridade Social correspondente/s ao/s referido/s contrato/s. No suposto de non estar esta documentación a disposición da persoa solicitante, tramitarase a solicitude coa condicionante de presentar posteriormente a documentación antes mencionada.

        A póliza de responsabilidade civil.

        O boletín eléctrico da instalación asinado polo/a técnico/a competente.

        A seguinte documentación técnica en cumprimento da normativa reguladora:

No caso de vehículo-escenario:  a declaración de conformidade do fabricante CE e a copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo que acredite o estado de idoneidade deste asinado polo/a técnico/a competente.

No caso de palcos, escenarios ou outras estruturas:   o plano de localización e as características da instalación (superficie, materiais...). De ser o caso, se dispón de homologación, achegarase esta coa revisión anual. Requirirase un informe emitido polo facultativo idóneo sobre as condicións de seguridade.

No caso de contar con pirotecnia:

        A acreditación do taller de pirotecnia autorizado.

        A identificación e os certificados dos expertos pirotécnicos que se encarguen da botadura.

        A especificación dos artigos pirotécnicos.

        A póliza de responsabilidade civil.

Deberase achegar a documentación con tempo suficiente para autorizar a actividade cunha marxe mínima de 10 días hábiles previos ao seu desenvolvemento.

Ficheiros: 

Autorizacion_festas.pdf

SOLICITUDE_DE_AUTORIZACION_PARA_CELEBRAR_FESTEXOS_POPULARES.pdf

Ficheiros: 

Actividades_no_centro_social__2014.pdf

Ficheiros: 

Entroido_2015.pdf

Bases_Entroido_2015_A_Bana.pdf

Benquerido/a usuario/a, pai/nai, titor/a de usuario/a das actividades do Concello da Baña,

Infórmoos/as de que, para facilitarlles a realización do pagamento das diferentes actividades que ofertamos desde o noso concello, este ano poden facer esta xestión, a partir do 1 de novembro, dunha das seguintes maneiras:

1.  Domiciliación de recibo

Deben cubrir o documento anexo e achegar un documento que acredite a titularidade da conta bancaria nos supostos de alta e de modificación da domiciliación.

2.  Ingreso  do importe da taxa correspondente nalgunha das seguintes contas do Concello da Baña:

     ABanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035

     Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061

Despois de realizar esta xestión, deberán presentar esta documentación no Concello da Baña para xuntala á solicitude presentada.

Para máis información ou dúbidas, poden contactar connosco no Concello da Baña, nos teléfonos 981 886 501 e 607 577 419 ou por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Ficheiros: 

Pagamento_taxas_actividades.pdf