Subvencions banha1

O Concello da Baña vai recibir unha subvención de 5.000 euros da Deputación da Coruña para o manemento ou contratación do posto de técnico/a en animación sociocultural durante o ano 2022.

O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte, mércores 4 de maio, a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello da Baña ao abeiro do Programa FO206: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022.

Podes consultar a resolución do BOP no documento adxunto.