-
A Xunta financiará as obras cun investimento de preto de 360.000 euros //
-
A actuación comprende a execución de beirarrúas de polo menos dous metros de ancho nas dúas marxes da AC-444 //
-
Tamén se implantará a canalización de abastecemento e se rematará cos vertidos das vivendas cara á estrada //
A Baña contará na zona do Seilán cun itinerario peonil continuo de 900 metros, que transcorrerá por ámbalas dúas marxes da estrada AC-444 entre os puntos quilométricos 0+570 e 1+450. As obras, orzamentadas en preto de 360.000 euros, correrán a cargo da Xunta e teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil. Así llo comunicou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao alcalde da Baña, Andrés García, no encontro de traballo que mantiveron a semana pasada en San Caetano e no que tamén participou o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor.
Ethel Vázquez puxo en valor o traballo do Goberno galego para manter en boas condicións de seguridade e de comodidade a rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, que supuxeron un investimento de preto de 300.000 € só no concello da Baña.