• Desenvolverase no campamento xuvenil de Pontemaril entre o 26 de agosto e o 4 de setembro

  • O prazo de inscrición remata o 1 de agosto e hai 20 prazas dispoñibles

 

Campamento veran en Forcarei A Banha

 

8 de agosto

Faise pública a relación definitiva de menores admitidos no campamento xuvenil con pernocta que organiza o Concello da Baña en Forcarei. Ábrese un prazo de cinco días hábiles apra o pagamento do servizo; recordamos que a falta de pagamento implicará a perda de praza. 

Os prezos son os seguintes:

  • Primeiro/a fillo/a: 140€
  • Segundo/a fillo/a: 105€
  • Terceiro/a fillo/a: 70€

Gozarán de bonificación aquelas familias empadroadas na Baña que conte cuns ingresos inferiores a dáus veces o IPREM (600 euros):

  • Primeiro/a fillo/a: 40€
  • Segundo/a fillo/a: 30€
  • Terceiro/a fillo/a: 25€

O abono poderá facerse nalgunha destas dúas contas:

  • Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 003
  • Santander: ES26 0238 8191 8806 6000 1061

A resolución da alcadía coa listaxe de admisións, prezos e contas pode consultarse en arquivo adxunto ou picando nesta ligazón

 

4 de agosto

Faise pública a relación provisional de menores admitidos e excluídos do campamento para o campamento con pernocta en Forcarei. Ábrese agora un período de dous días hábiles para presentar reclamacións. As inscricións das persoas non censadas entrarán nun sorteo público para determinar a lista de usuarios/as do servizo que terá lugar ao día seguinte do remate do prazo de reclamacións. 

A listaxe pode consultarse en arquivo adxunto ou picando nesta ligazón

 

18 de xullo

O Concello da Baña organiza un campamento en Forcarei do 26 de agosto ao 4 de setembro para menores de entre 8 e 16 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 1 de agosto e ofértanse 20 prazas.

Coa finalidade de facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares e ofrecerlle alternativas de lecer á rapazada, o Concello da Baña promove un campamento de dez días de duración na localidade pontevedresa de Forcarei. Este campamento levarase a cabo dende o 26 de agosto ata o 4 de setembro e poderán participar no mesmo rapazas e rapaces de entre 8 e 16 anos.

O campamento terá un prezo xeral de 140 euros. No caso de irmáns, o segundo pagará 105 euros o terceiro 70 euros. As familias con rendas inferiores a dúas veces o IPREM contarán con bonificacións e pagarán 40 euros por un fillo, 30 euros polo segundo e 25 polo terceiro.

O prezo inclúe aloxamento no campamento xuvenil Pontemaril de Forcarei, manutención e actividades. A rapazada estará en todo momento baixo a supervisión de monitores. Os traslados de inicio e final do campamento correrán por conta dos participantes.

As solicitudes formalizaranse coa presentación no rexistro da Baña, preferiblemente por sede electrónica. A solicitude incluirá a ficha de inscrición debidamente cuberta, así como os anexos médico e de autorización de imaxes. Estes documentos acompañaranse do DNI do menor ou do Libro de Familia, así como da tarxeta sanitaria.

Terán preferencia as nenas e nenos de familias empadroadas na Baña e os menores que sexan fillos de persoal municipal.

Pode solicitarse máis información na Concellaría de Acción social, cultural e servizos á cidadanía chamando ao teléfono do Concello da Baña 981 886 501.

As bases, a ficha de inscrición e os anexos poden descargarse no documento adxunto.