-
Percorreron 14 quilómetros entre a Carballeira do Seilán e A Costa, en Trece na parroquia da Riba
Un grupo de 25 persoas participan esta mañá na andaina para promocionar a Vía Mariana ao seu paso pola Baña. Organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Vía Mariana Luso Galaica e a Deputación da Coruña, a camiñada saíu da carballeira do Seilán as nova desta mañá para percorrer os 14 quilómetros que pasan polo municipio.
Ao chegar á parroquia de Ordoeste, as persoas asistentes puideron repoñer forzas tomando froita e bebendo auga, antes de continuar ata a parroquia da Riba. Na Costa, en Trece, remataba esta experiencia para poñer en valor un itinerario que pasa polos principais santuarios marianos que hai entre Braga (Portugal) e A Virxe da Barca (en Muxía), cun percorrido total de 382 quilómetros.
Podes ver un pequeno vídeo na canle de Facebook do Concello da Baña (neste enlace)