-
As sesións desenvolveranse entre o 16 de setembro e o 5 de novembro
-
O horario é de 16:00 a 18:00 horas os luns e os venres
A rapazada a partir de 9 anos poderá adquirir novas destrezas dixitais nun campamento gratuíto organizado polo Concello da Baña que se desenvolverá dende o luns 16 de setembro ata o 5 de novembro. As clases serán os luns e venres de 16:00 a 18:00 horas.
O principal obxectivo é desenvolver competencias dixitais nunha contorna segura.
Neste campamento a rapazada aprenderá a buscar información de calidade, coñecer as ferramentas para crear contidos dixitais, crear contrasinais seguros ou protexer os datos persoais e previr o ciberacoso.
Campamento dixital é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervolunarios, dentro de Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI) posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia e financiado pola Union Europea con fondos Next Generation.