• Celebraranse na Axencia de lectura na tarde do venres 17 de febreiro e nas mañás do luns 20 e do mércores 22 //

  • As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do luns 6 de febreiro no Departamento de Cultura ou no teléfono 981 88 65 01 //

As nenas e os nenos da Baña poderán gozar de varias actividades de carácter gratuíto durante as vacacións de Entroido. O Concello, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Lorena Trillo, organizou para os días 17, 20 e 22 de febreiro unha serie de obradoiros para crianzas de entre 3 e 12 anos que terán como temática o Entroido. Os menores participantes confeccionarán máscaras, ademais doutras manualidades e xogos. 

Os obradoiros desenvolveranse na Axencia de lectura da Baña o venres 17 en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas, e os días 20 e 22 de febreiro pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas. Coa organización destas actividades o Concello quere facilitar a conciliación das familias do municipio durante as vacacións escolares de Entroido.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse, de balde, a partir do luns 6 de febreiro, de xeito presencial no Departamento de Cultura da Baña ou por teléfono, chamando ao 981 88 65 01.