• O alcalde José Antonio Pereira Gil, xunto á subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a concelleira Mónica González, presentaron o proxecto na Biblioteca Municipal 

  • O obxectivo e promover a reflexión, a sensibilización e a concienciación sobre as situacións de vulnerabilidade das propias mulleres

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, xunto á subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a concelleira de Acción social, cultural e servizos a cidadanía, Mónica González, presentaron hoxe na Biblioteca Municipal Mavi: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero.

A iniciativa promovida pola Subdelegación do Goberno achega á veciñanza libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista.

20240208 MAVI Maleta Viaxeira Igualdade 1

A maleta conta con catorce libros coa idea de que todas as mulleres, independentemente da franxa de idade, poidan formar parte do proxecto.

O obxectivo e promover a reflexión, a sensibilización e a concienciación sobre as situacións de vulnerabilidade das propias mulleres así como o intercambio de ideas sobre as lecturas e experiencias neste tema.

Entre as obras que garda a maleta atópanse títulos como A historia dos bonobos con lentes, Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes ou Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo.