• Unha unidade móbil instalarase diante do pavillón polideportivo do 19 ao 21 de outubro

  • As persoas interesadas deben concertar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992

 20221018 Porta porta Bana peque

Coidados porta a porta, programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos na Baña a principios de setembro. Desde o martes 18 ata o venres 21 unha unidade móbil instalarase diante do pavillón polideportivo para desenvolver exercicios de estimulación da memoria e coidados de podoloxía e audioloxía. Para asegurar que a veciñanza coñeza os detalles deste servizo o alcalde, Andrés García Cardeso, dirixiu unha carta informativa a todos os habitantes maiores de 55 anos.

Coidados porta a porta percorre os concellos do rural galego para achegarse ás persoas maiores na súa contorna e ofrecerlles tres tipos de servizos: estimulación da memoria, podoloxía e audoloxía. A actuación no ámbito da estimulación da memoria busca retrasar e aminorar o proceso de deterioro cognitivo e céntrase nos ámbitos cognitivo e funcional vencellándoos a hábitos de vida saudables e a promoción do envellecemento activo como xeito de evitar a dependencia.

No servizo de podoloxía, os profesionais valorarán o estado xeral do pé das persoas usuarias, ademais de cortarlles e limparlles as unllas e eliminar durezas, calosidades e helomas. Por último, os maiores poderán someterse a unha exploración gratuíta do oído para comprar os seus niveis de audición e frear a perda auditiva.

Para poder gozar destes servizos, as persoas interesadas deberán concertar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén se pode obter máis información no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..