- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 630
-
No último acto do 8M destacouse a labor das mulleres que traballan no Punto de Atención á Infancia, PAI, e no Servizo de Axuda no Fogar
-
Lorena Trillo: “O voso traballo é fundamental para conciliar e para todas as persoas que desexan e necesitan vivir nas súas casas”
-
A extraballadora social Carmen Caamaño destacou o compromiso enorme das coidadoras e o “potencial de cambio que ten o SAF, a figura máis importante de todos os servizos sociais
-
Tres usuarios coincidiron en destacar que é “un servizo moi necesario, gracias ao cal podemos seguir na nosa casa”
O Concello da Baña rematou hoxe os actos organización para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, cunha homenaxe a todas as coidadoras da cativada e de persoas maiores ou dependentes que son usuarias do Punto da Atención á Infancia (PAI) ou do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A concelleira de Muller e Igualdade, Lorena Trillo, resaltou que o traballo de todas elas “é fundamental para facilitar a conciliación laboral e familia e para todas aquelas persoas que desexan ou necesitan seguir vivindo no seu fogar”.
As protagonistas da homenaxe son as coidadoras no PAI, coidando nenos e nenas de 3 meses ata 3 anos, e as mulleres que traballan no SAF, oito delas traballadoras municipais e as demais dependentes da empresa Atendo, que reforza o servizo municipal. O concello estivo presentando nas últimas semanas a 18 destas mulleres na súa páxina de Facebook como parte desta homenaxe. Hoxe entregoulles a cada unha un cadro coa súa fotografías.
Todas elas destacaron os “fortes vínculos afectivos” que se establecen entre coidadoras e persoas usuarias, sobre todo no caso do SAF, “xa que algunhas destas persoas só nos ven a nós”. Así o manifestaba Salomé Barreiro, ao asegurar que o máis gratificante para ela, como traballadora municipal do SAF, é “ver a cara de satisfacción dos nosos maiores cando chegamos, porque moitas veces somos a primeira persoa que ven cada día, e ilumínanselles os ollos”.
Durante a súa intervención, Lorena Trillo sinalou que na Baña e nos municipios rurais “é moi significativo o número de mulleres que se dedican aos coidados, as mulleres que piden reducións de xornadas ou as que non a piden pero que teñen o dobre traballo de levar a cabo as tarefas do fogar sendo superior a dos seus compañeiros homes”, e lembrou que as homenaxeadas de hoxe representan “a tantas outras que fan esa mesma labor”. Por este motivo deulles as grazas por permitir que as persoas maiores “permanezan no seu fogar e por facer perdurar o seu relato” e tamén por “ser as primeiras referentes dos nenos e nenas e por ser as súas primeiras mestras”.
No acto tamén participou a extraballadora social da Baña Carmen Caamaño, que destacou o “compromiso enorme” que teñen as mulleres coidadoras. “Van a casas que non coñecen a agradar, a coidar, escoitar e, moitas veces, a ser o pano de lágrimas” das persoas usuarias. “O SAF é a figura máis importante dos servizos sociais e ten un enorme potencial de cambio” .
Nun sentido similar se manifestaron tres das persoas usuarias do servizo. Benedita Susana Vázquez deulles tamén as grazas a mulleres do SAF “porque nos fan un gran favor”. Para Amadeo Cancela destacou que “todas as mulleres me axudan, me coidan coma se fosen miña irmá, e grazas a elas podo seguir na miña casa. É un servizo moi necesario”, concluíu. Tamén José Manteiga lles deu as grazas ás traballadoras do SAF “por atendernos tan ben a todos. O que facedes é moi importante”.
O alcalde, Andrés García Cardeso, agradeceulles tanto as mulleres do SAF como as tres coidadoras do PAI o traballo que están facendo. “Sodes os piares dos servizos sociais, porque coidades dende a pequenos ata a maiores, dándolles cariño, atención e facendo compañía moitas veces”.
Andrés García Cardeso lembrou que o Servizo de Axuda no Fogar púxoo en marcha no ano 1998 a actual traballadora social do Concello, Susana Pazos, naquel momento contando con Lourdes Recarey e Esther Vieito, que hoxe seguen formando parte do cadro de traballadoras municipais do SAF.
No acto desta mañá estiveron presentes tamén César Ramos, tenente de alcalde e voceiro de Compromiso, e José Antonio Pereira, voceiro socialista, ademais de veciños e familiares das homenaxeadas.
Esta homenaxe ven complementar o documentar A Baña, moito feito, moito por facer que se estreou o pasado 11 de marzo destacando o traballos dalgunhas mulleres emprendedoras da Baña.
A Baña organiza un campus deportivo e cultural para axudar a conciliar nas vacacións de Semana Santa
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 681
-
Vai dirixido a menores escolarizados entre os 3 e os 14 anos
-
Celebrarase do 3 ao 5 de abril na Axencia de Lectura e nas instalacións deportivas do municipio
-
A inscrición é gratuíta e realizarase entre o 17 e o 27 de marzo
O Concello da Baña abre mañá, 17 de marzo, a inscrición para participar no Campus Deportivo e Cultural 2023, unha iniciativa dirixida aos menores escolarizados do municipio que busca favorecer a conciliación laboral e familiar durante as vacacións de Semana Santa. Así, entre os días 3 e 5 de abril as crianzas de 3 a 6 anos poderán realizar actividades de carácter cultural que se desenvolverán na Axencia de Lectura Municipal; mentres que os menores de 6 a 14 anos practicarán deporte nas instalacións municipais destinadas a tal fin. Ambos os campus son gratuítos.
A axencia de lectura oferta 12 prazas e programa entre as 10.00 e as 13.00 horas actividades de índole educativa, deportiva e cultural, que fomenten o fortalecemento de valores como a solidariedade, a confianza ou a cooperación; así como o respecto persoal e colectivo. Por outra banda, o campus deportivo oferta 30 prazas para as nenas e nenos que cumpran os requisitos de admisión, cun horario que vai das 9.00 ás 14.00 h.
A inscrición poderá realizarse do venres 17 ao luns 27 de marzo, chamando aos teléfonos 981 886 501 ou 669 368 413. Terán prioridade as crianzas de unidades familiares empadroadas na Baña e os menores que estean inscritos nas actividades das escolas deportivas ou culturais municipais.
O Campus Deportivo e Cultural do Concello da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Sociedade Deportiva A Baña e a Federación Galega de Fútbol. As bases poden consultarse no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 757
-
Diversos talleres e demostracións permitirán que as persoas novas poidan coñecer traballos tradicionais da man das maiores
-
O público que se achegue ao pavillón de San Vicenzo poderá comprar nos postos de artesanía e gozar coas actuacións musicais, os xogos ou a visita de Papá Noel
Coincidindo co Mercadiño de Nadal, A Baña celebrará o domingo 11 de decembro a I Feria de voluntariado interxeracional, cita que xorde coa idea de facilitar o intercambio de coñecementos entre xeracións e que contará con diversos talleres e demostracións nos que as persoas máis novas poderán coñecer traballos tradicionais da man das maiores. A feira, igual que o mercadiño, abrirá no pavillón de San Vicenzo dende as 12 do mediodía ás 8 da tarde.
A feira interxeracional enmárcase no proxecto Punto de encontro que o Concello da Baña pon en marcha con distintos obxectivos, entre os que se atopan os de fomentar o voluntariado e a participación cidadá, promover a iniciativa e o emprendemento no rural das persoas novas para impulsar o asentamento poboacional, recoñecer a experiencia e os coñecementos dos maiores ou dar a coñecer e conservar os recursos culturais, etnográficos, gastronómicos, etc, do municipio.
O proxecto Punto de Encontro conta co apoio financieiro da Unión Europea a través dos fondos NextGeneration ou Plan de recuperación.
Mercadiño de Nadal
Postos de artesanía e larpeiradas, actuacións musicais e polbo ou filloas son algunhas das propostas que ofrecerá a sétima edición do Mercadiño de Nadal a todas aquelas persoas que se acheguen este domingo ao polideportivo municipal de San Vicenzo. A festa rematará coa chegada de Papá Noel, disposto a recoller as peticións de todas as nenas e nenos.
Ao longo do día sucederanse as actuacións dos Campantes da Baña, Gaiteiros Pequenos, Escola de Música da Baña e o grupo de pandereteiras As Maianas. Ademais, a cativada poderá gozar dun contacontos a cargo de Cris de Caldas e de xogos tradicionais co Paporrubio. O público terá tamén a oportunidade de asistir a unha exhibición de ximnasia rítmica da AFA do CEIP San Vicente.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 606
A Deputación da Coruña financiou ao departamento de Servizos Sociais da Baña cunha achega de 65.920 durante o pasado ano 2022. Esta subvención enmárcase no programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais do organismo provincial e axudou a pagar ao persoal técnico (22.000 euros) e administrativo (18.000 euros), así como a sufragar o custo salarial dun total de 2.160 horas de axuda a domicilio en libre concorrencia.
As axudas publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 20 de abril de 2022.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 789
-
Está dirixido a crianzas escolarizadas de entre 3 e 13 anos //
-
Desenvolverase no local social de San Vicenzo entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro de 8.30 a 14.30 horas /7
-
O prezo para menores empadroados é de 25 euros para o primeiro fillo, 20 para o segundo e 15 para o terceiro e seguintes //
O Concello da Baña abre o prazo de inscrición para o campamento de Nadal, iniciativa que ten como obxecto favorecer a conciliación familiar durante as vacacións escolares e que oferta actividades de carácter lúdico, educativo e social para menores escolarizados de entre 3 e 13 anos. O campamento conta con vinte prazas, desenvolverase no local social de San Vicenzo e prestará servizo polas mañás (de 8.30 a 14.30 horas) os días laborais que van do 23 de decembro ao 5 de xaneiro.
As familias teñen de prazo ata o 16 de decembro para facer as solicitudes. Poderán presentar o formulario debidamente cuberto e asinado tanto na páxina web da Baña como no Rexistro do Concello, acompañado da seguinte documentación: fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria do menor e fotocopia do DNI da persoa titular da conta. Unha vez publicada a listaxe de crianzas admitidas, a admisión completarase co pagamento das taxas entre o 20 e o 23 de decembro na conta ES26 0238 8191 8806 6000 1061.
Os prezos, fixados atendendo á ordenanza fiscal do ano 2012, son de 25 euros para a/ primeira/o filla/o, 20 para a/o segunda/o e 15 para a/o terceira/o e seguintes no caso de estar empadroados no Concello da Baña. Os menores doutros municipios pagarán o dobre.
As bases da convocatoria e o formulario de solicitude están dispoñibles nos arquivos adxuntos.