O Concello da Baña informa á veciñanza de que conta con tres camas articuladas dispoñibles para préstamo, destinadas a persoas en situación de dependencia con grao III ou que estean a tramitar o devandito grao. Este servizo busca mellorar a calidade de vida das persoas dependentes, facilitando a súa comodidade e coidados no fogar.
As persoas interesadas en acceder a este recurso poden obter máis información e realizar a solicitude no departamento de Servizos Sociais do Concello. O horario de atención é de luns a venres, de 9:30 a 14:00 horas.
Este servizo de préstamo supón unha aposta do Concello pola atención e o benestar dos seus veciños e veciñas que requiren de coidados especiais, favorecendo a súa permanencia na contorna familiar con todas as garantías.