A Consellería de Emprego e Igualdade abre ata o 11 de febreiro o prazo para solicitar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou vías non formais de formación.
En concreto, as competencias para as que se abre esta convocatoria de cualificación son:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
- Vixilancia e seguridade privada nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2
- Servizos para o control de pragas. Nesta cualificación non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaron na listaxe de espera da anterior convocatoria.
Ao respecto, cabe ter en conta que tanto no caso da atención a persoas dependentes en domicilio como no de socorrismo, hai persoal que está sendo contratado en virtude dunha prórroga de habilitación que vai vencer nos vindeiros meses. Esta é a razón pola que debería inscribirse no proceso de recoñecemento das súas competencias.
En concreto, o acordo de 19 de outubro de 2017 habilitou provisionalmente a persoal dos servizos de atención a dependentes que non contaban coa titulación necesaria. Este permiso, que deixa traballar en Axuda a Domicilio a persoas tituladas en institucións, remata en decembro do próximo año 2022.
Algo semellante ocorre co persoal de salvamento e socorrismo acuático que é beneficiario dun acordo transitorio que chega a súa fin o 10 de abril de 2021. A partir de entón, deberá contar alomenos cun certificado de profesionalidade, a formación mínima esixida tal e como contempla o Decreto 104/2012, de 16 demarzo, e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
As persoas interesadas poden inscribirse premendo nesta ligazón.
As bases correspondentes a 2021 pódense consultar premendo nestoutro.