O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta na Coruña, José Antonio Álvarez Vidal, comprometeuse a estudar as peticións formuladas polo alcalde da Baña para mellorar o transporte público polo municipio. Na reunión mantida onte na Coruña, José Antonio Pereira, solicitou máis frecuencias nas rutas de Santiago a Santa Comba e de Santiago a Muxía que pasan pola Baña, e modificar algúns horarios para adaptarse ás necesidades da veciñanza.
Na reunión, José Antonio Pereira trasladoulle a necesidade de mellorar as conexións da Baña con Santiago, tanto no número de frecuencias como nos horarios dos autobuses.
Pereira Gil tamén lle reclamou melloras no transporte escolar, que está tendo moitas deficiencias dende que cambiou a empresa concesionaria deste servizo. Segundo lle trasladou o alcalde ao xefe territorial, nas últimas datas hai escolares que chegan tarde ás clases debido ao transporte escolar e, noutros casos, as rutas están incompletas.
José Antonio Álvarez compremeteuse a estudar todas as peticións do alcalde da Baña e trasladarlle unha proposta de mellora nos vindeiros días.