20200128 Expo violencia xenero cartelO vindeiro venres, 31 de xaneiro, inaugúrase na casa da cultura da Baña a mostra Á violencia de xénero… dille NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

Trátase dunha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar aos adolescentes a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Once paneis, de 70 x 100 centímetros, amosan condutas tóxicas como o control, a manipulación, o abuso, a “sextorsión”, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato.

Á violencia de xénero… dille NON! inscríbese no conxunto de actuacións que está impulsando a Xunta de Galicia nos 78 concellos adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Poderá visitarse ata o xoves 13 de febreiro na casa da cultura da Baña de luns a venres, en horario de 9.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o programa Emprega Xuventude coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

- Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
- Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

Prazos:
- As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación destas axudas deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020.
- As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.  

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2020 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

20191209 Cartel silleda parkA veciñanza da Baña está convidada a participar nunha saída ao Silleda Park o 27 de decembro. O precio da actividade será de 4 euros para os participantes maiores de 3 anos, xa que os menores de esa idade poderán ir gratis. O transporte corre á conta do Concello. O autobús sairá da Praza do Concello o día acordado ás 15.30 horas.

Unha vez no Silleda Park, os asistentes poderán gozar do saltón, simulador, pista de coches, dragón, mini scalextric, inchables, tren da bruxa, pistas deportivas, maquillaxe e globoflexia, do show dos pallasos, da exposición de dinosaurios animatronics e de moitas atraccións e actividades máis.

A volta do recinto feiral internacional de Galicia A BANCA-Silleda-Pontevedra será ás 22.15 horas.

Para apuntarse, os interesados deben dirixirse a Concellería de Cultura do Concello da Baña ata o 24 de decembro, día no que remata o prazo de inscrición. A veciñanza empadroada na Baña terá preferencia.

Os menores deben ir acompañados de un adulto, tendo en conta que non excederá a dous adultos por unidade familiar.

20191220 Apalpador concerto

Mañá venres, día 20 de decembro, toda a cativada da Baña ten unha cita ás 18.15 na Casa da Cultura, para recibir un ano máis a visita do Apalpador, que correrá a cargo da compañía o Carballo con Botas. Pero a diversión non rematará aquí porque ás 19.30 horas Senén Vaamonde, Manuel Dopico e Alfredo Dourado (A Roda) porán música á tarde con ‘Os merlos do amencer’, un concerto didáctico de dinamización lingüística.

20191112 Cartel Canle Whatsapp xuventude

Se tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en comercios, actividades de ocio e transportes grazas ao Carné Xove. Seguro que sabes que podes acceder a bolsas para os teus estudos, para realizar prácticas formativas en Europa e mesmo viaxes a países tan interesantes como Xapón. Seguro que tamén coñeces os premios, certames e concursos nos que recoñecemos a creatividade e o talento xuvenil. E, por suposto, sabes que tes ao teu alcance numerosas accións de voluntariado e que mesmo podes gozar de estadías de fin de semana no rural galego cargadas de aventuras... Ou non o sabías?

Se non sabías nada disto ou, se aínda coñecendo toda esta oferta, queres apuntarte antes que ninguén, esta mensaxe seguro que che interesa.

En breve, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, poñerá en marcha por primeira vez un canal de WhatsApp a través do cal se dará a coñecer todos os programas, novidades e futuras accións nas que podes participar como persoa nova. Ao mesmo tempo,responderase tamén a todas as túas dúbidas, preguntas e inquedanzas.

Para poder sumarte a esta iniciativa é necesario o teu consentimento expreso, simplemente enviando un mail ao enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando o teu número de móbil.

No asunto debes poñer: WhatsApp de Xuventude.