20190430 Carteles Veran VelaOs rapaces/zas do Concello da Baña poderán inscribirse nos campamentos e cursos de vela que oferta a Deputación da Coruña para o verán 2019. A continuación, achégase a información básica de cada convocatoria:

Por unha banda, os campamentos deportivos realizaranse en multitude de concellos de toda a provincia, entre os días 30 de xuño e 26 de xullo (en 4 quendas de 5 días). Esta actividade está dirixida a rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade, cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña. As inscricións faranse no concello no que o/a rapaz/a estéa empadroado antes do 31 de maio de 2019. Para máis información, visita a páxina web da Deputación

Por oyutra banda, os cursos semanais (repartidos en 6 quendas) de vela realizaranse en Boiro, Outes, Fisterra, Malpica de Bergantiños, A Coruña e Ortigueira, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto. Esta actividade está dirixida a rapaces/zas de 9 a 18 anos de idade, cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña (os/as nenos/as empadroados/as nos concellos onde se fai a campaña de vela terán prioridade). As inscricións faranse nos concellos participantes, no prazo estipulado por cada un. É imprescindible que saiban nadar. Para máis información, visita a páxina web da Deputación.

20190422 Cartel Campamentos VeranA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia organiza a Campaña Acción de Verán 2019 con actividades de lecer e deportivas e campamentos en Galicia, Áraba, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid e Cantabria.

Os campamentos da Campaña de Verán 2019 ofrecerán quendas de entre 8 e 12 días en xullo, agosto e setembro con aloxamento e pensión completa para nenos e mozos de 9 a 17 anos, que practicarán deportes náuticos, de alta montaña, culturais, convivencias con mozos descendentes de galegos, multiaventura e hípica.

O prazo de inscrición comeza coa publicación da iniciativa o luns 22 de abril de 2019 no Diario Oficial de Galicia, e os interesados poderán presentar as súas solicitudes durante 10 días hábiles a partir do 23 de abril.

Para máis información visita a páxina web da Xunta, ou consulta o documento que aparece a continuación.

 

Ao abeiro da Orde do 16 de abril de 2018 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil para o ano 2018 o Concello da Baña selecciona 8 voluntarios/as para apoiar as actividades do Campamento urbano nos meses de xullo e agosto do 2018.

Despois do éxito da experiencia destes anos, animamos ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade, a que participen neste proxecto relacionado co tempo libre e que favorece a conciliación da vida familiar e laboral da veciñanza.

Cada participante obterá unha dotación de 6 euros por día que exerza como voluntaria/o para gastos de manutención e transporte (cun mínimo de 6 horas ao día e por un total de 60 días). Durante o tempo de execución do proxecto, as persoas voluntarias terán cobertura do seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Ao finalizaren os proxectos, as persoas voluntarias que participen neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria des­envolvida.

 Valorarase ter formación ou coñecementos no ámbito relacionado coa actividade.

As persoas interesadas deberán enviar ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata o venres 29 de xuño de 2018, indicando no asunto: SOLICITUDE VOLUNTARIADO NA BAÑA 2018, os seguintes datos

Nome e apelidos________________________________________________________

DNI núm. _________________________,

data de nacemento __________________________

Teléfonos __________________________________ / _______________________

Enderezo electrónico ___________________________________________________   

e domicilio en _________________________________________________________

 

No caso dos/as menores de idade, será preciso autorización do/a pai/nai/titor/a legal.

Máis información nos teléfonos: 981 886 501

 

Durante o mes de xullo, 60 nenos e nenas están a participar no campamento lúdico-deportivo da Baña, que se celebra na área recreativa Agra de Chans. Ademais de asistir a cursos de natación, os integrantes do campamento realizan tarefas moi variadas, como poden ser xogos con material reciclado ou actividades musicais. Todas elas están orientadas a fomentar a autonomía dos máis pequenos e a cooperación cos maiores.

Podes ver máis fotos na páxina de Facebook do Concello da Baña.

20180620 Campamentos

O Concello da Baña programou para o verán de 2018 unha serie de actividades para facilitar á veciñanza o goce da temporada estival. Tres campamentos para a infancia e a mocidade e a apertura da piscina municipal, que terá lugar o próximo luns, son as accións estrela para facilitar o ocio e a conciliación nos meses de vacacións escolares.

Durante o mes de xullo celebrarase un campamento lúdico-deportivo na área recreativa de Agra de Chans, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos. Para participar no mesmo hai que estar inscrito nos cursos de natación. O custe da actividade, incluíndo o curso de natación, é de 30 euros, o horario vai das 9:00 ás 14:00 horas e a inscrición pode realizarse ata o xoves 28 de xuño na Concellería de Cultura. Hai 60 prazas e, tanto para esta como para as outras actividades de conciliación de verán, teñen preferencia as persoas empadroadas na Baña e as familias que teñan necesidade de conciliación por residencia, estudos ou traballo no municipio. No caso de quedar prazas vacantes, poderán participar outras persoas interesadas, e realizarase un sorteo público se hai moita demanda.

Tamén na área de Agra de Chans desenvolverase o campamento urbano, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos (incluídos), do 1 ao 31 de agosto, de 9:00 a 14:00 horas. O prezo é de 30 € por neno/a e de 20 € por irmán/á. Neste caso, o prazo de inscrición remata o 26 de xullo.

O Concello organiza tamén un campamento de verán no albergue de Cabana de Bergantiños para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos (incluídos). Esta actividade desenvolverase do 3 ao 10 de agosto e ten un custo de 100 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xullo e hai 45 prazas. Ao igual que nos outros campamentos, teñen preferencia as persoas empadroadas na Baña.

Por outra banda, a partir do luns 25 de xuño e ata o 15 de setembro permanecerá aberta a piscina municipal en horario de 15:30 a 21:00 horas e, en setembro, de 15:30 a 20:30 horas. Establécense diferentes prezos para os abonos: 25€/mes, 15€/quincena e 45€ por familia ao mes. O acceso por día solto custa 2 euros. Para os menores de 14 anos a entrada é gratuíta. É imprescindible levar gorro e chanclas.

Festas de clausura

Os campamentos lúdico-deportivo e urbano terán cadansúa festa de clausura. O primeiro, que se celebra en xullo conxuntamente cos cursos de natación, pecharase co espectáculo Le cirque de Cayetano Lledó, nunha celebración familiar na área recreativa de Agra de Chans ás 12 do mediodía. No mesmo escenario e á mesma hora terá lugar o 31 de agosto o peche do campamento urbano, no que Celtia Figueiras presentará os seus Contos de verán.

Todas as actividades están organizadas polo Concello da Baña, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Política Social, e coa Deputación da Coruña.

Podes cubrir o formulario interactivo de inscrición adxunto nesta nova ou descargalo.

O pagamento realizarase nas seguintes contas bancarias e o xustificante entregarase no Concello:
Banco Pastor : ES26 0238 8191 8806 6000 1061
ABANCA: ES92 2080 0326 1731 1000 0035