- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 1515
A Deputación da Coruña pon a disposición dos concellos da provincia 1000 entradas para o partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021 que se xogará o vindeiro venres día 4 as 21:30 h, no estadio de Riazor (A Coruña) entre a selección española de fútbol (feminino) e a selección de Acerbaixán (feminino). As ditas entradas poden ser dirixidas en todo caso a colectivos desfavorecidos, ou nenos/as que estean federados/as como practicantes de fútbol base. O desprazamento corre por conta das familias.
Os/as interesados/as na obtención destas entradas, terán que comunicarlle antes do xoves, 3 de outubro, ás 9.30 horas, o número de entradas que precisan ao técnico de deportes do Concello da Baña, Adrián Vázquez Forján a través do enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 886 501.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 2296
Roberto Tuñas González, membro do Club Atletismo Negreira que ven de conseguir a terceira praza no Campionato Galego de Trail celebrado en maio, quere repetir podio tamén este ano no CMP Trail da Baña, que na pasada edición rematou na terceira posición. Tuñas é un dos inscritos na trail longo, que vai percorrer 26,5 quilómetros polos fermosos paisaxes da Baña o vindeiro 6 de outubro. A carreira de montaña da Baña contará tamén cun trail curto de 17 km, e dúas andainas non competitivas, una de 16 km (pro) e outra amateur de 10,5 km.
O Concello da Baña e o Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala, organizadores da proba, contan co patrocino da prestixiosa marca italiana de roupa deportiva CMP e de Deportes Alvite, tras o éxito da edición do ano pasado, na que participaron 300 atletas. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ta as 23.59 horas do xoves 3 de outubro.
Nesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17 km, con 500 metros de desnivel. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra da Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km). A organización modificou en gran parte as zonas do percorrido este ano, aínda que deixou a estrutura da edición anterior que segue tendo unha dificultade media no trail e baixa no mini trail.
A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15€, mentres que a de 17 quilómetros custa 10. Para participar na andaina ProTrail hai que abonar 8 euros, e 5 euros na amateur. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e, no caso da andaina amateur, terán que ir acompañados dun titor. A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web emesports.esata as 23.59 horas do vindeiro xoves 3 de outubro.
Gráficas Esteiro (Santiago), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es patrocinan tamén esta actividade que se está a converter nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.
Na edición do ano pasado, os tres primeiros clasificados na categoría absoluta foron Víctor Cousillas, Hamza Belhadj e Roberto Tuñas González, en homes; e María Fabeiro Romero, María Marque e Sonia Botana, en mulleres.
Cátering, gardería e fisioterapia gratuítos para participantes
Esta é a cuarta edición do trail que organiza o Concello da Baña, que segue apostando “polo deporte, ven sexa coa organización de diferentes probas, como polo reforzo das escolas deportivas, para fomentar hábitos de vida saudables e o espírito olímpico entre a veciñanza”, indica o alcalde. José Antonio Pereira Gil agradece a colaboración das empresas patrocinadoras, que fan posible que A Baña “siga contando cunha carreira de montaña que quere ser referente dentro do circuíto galego e nos permite amosar as fermosas paisaxes que temos na Baña”.
Os corredores tomarán a saída dende a praza do Concello da Baa ás 09.45 (trail) e ás 10.15 horas (andaina). A meta estará situada tamén na praza do Concello, e os atletas deberán recoller os dorsais no campo de fútbol de Cartas o mesmo domingo, 6 de outubro, dende as 08.00 horas.

O percorrido, que ten unha dificultade media, transcorre polos montes da Baña. Estará sinalizado e contará con tres puntos de avituallamento líquido e sólido (para o trail), e dous puntos para o mini trail. Nas andainas haberá tamén un avituallamento por cada proba. O presidente do GtraM Val de Barcala, Sergio Vieites, aconsella aos participantes levar, como material recomendado para esta proba, impermeable, teléfono móbil cargado, vaso e sistema de hidratación propio. “É unha cuestión de prevención, aínda que cada atleta coñece ben as súas posibilidades e xa sabe o que ten que levar”, sinala.
Haberá premios para os tres primeiros da xeral, e de cada unha das tres categorías establecidas para o trail, tanto en homes como en mulleres: absoluta (maiores 18 anos), veteranos 1 (maiores 40 anos) e veteranos 2 (maiores 55 anos).
Para fomentar a participación familiar, o Concello ofrecerá servizo de gardería gratuíto para os atletas, e tamén de fisioterapia para facilitar a súa recuperación física unha vez rematada a proba. Na liña de meta haberá tamén un servizo de cátering para que os atletas repoñan forzas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 1791
A Concellaría de Xuventude e Deportes da Baña organiza mañá e pasado, días 12 e 13 de setembro, dúas xornadas de portas abertas nas que os nenos e nenas poderán coñecer a oferta das escolas deportivas municipais para o presente curso escolar.
Dende as 15.45 horas do xoves, día 12, nenos e nenas poderán practicar baloncesto, patinaxe artística (17.00 h) e pilates (19.30 h).
O venres, día 13, poderán xogar a tenis de mesa (15.45 h), fútbol sala (17.30 h), tiro con arco (18.30 h), xadrez (19.00 h) e baile moderno (19.30 h).
Coa finalidade de que a cativada poida inscribirse no deporte que máis lle guste, o venres estarán xa postos os días e horarios nos que se ofrecerá cada modalidade.
A vindeira semana, de luns 16 ata o venres 20, estará aberto o prazo de inscrición nas dependencias municipais.
Estas actividades darán comezo o luns, 23 de setembro.
Ademais das escolas deportivas, o Concello da Baña ofrecerá tamén este ano clases de robótica e informática, así como a ampla oferta da Escola Municipal de Música.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 2329
Psicomotricidade, patinaxe artística, xadrez, tiro con arco e karate son as novidades que ofrecen este ano as escolas deportivas municipais que promove a Concellaría de Deportes da Baña para os nenos e nenas que queiran facer deporte. Ademais, tamén poderán aprender ou perfeccionarse en fútbol sala, baloncesto, baile moderno, pilates ou tenis de mesa. A ficha de inscrición para as actividades do curso escolar 2019-2020 e o documento de domiciliación da cota figuran nos documentos adxuntos.
As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Deportes da Baña, nas dependencias municipais, dende o luns, día 16, ata o venres 20 de setembro. Unha vez cubertos debense entregar nas oficinas municipais, ben presencialmente ou a través da sede electrónica (neste enlace).
O alumnado do CPI San Vicente xa puido coñecer algunhas destas disciplinas nas xornadas de portas abertas que se realizan esta semana no polideportivo municipal, e que contaron con bastante asistencia.
No caso de psicomotricidade, esta actividade ofrécese nova este curso e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos e desenvolverase no ximnasio do CPI San Vicente os luns e xoves de 15.30 a 16.30 horas. Para levala a cabo será necesario conformar un grupo mínimo.
Excepto xadrez (luns), baloncesto (martes), karate (xoves) e tiro con arco (sábados), as demais disciplinas terán dúas sesións semanais, segundo os horarios que se poden consultar no arquivo adxunto e que se reproducen a continuación.
Xadrez: luns (14.30-15.30)
Patinaxe artística: luns e xoves (15.45-16.45)
Psicomotricidade, no ximnasio do colexio: Luns e xoves (15.30 a 16.30)
Fútbol sala: martes e venres (15.45-16.45)
Tenis de mesa, que se practicará no ximnasio do colexio: martes e xoves (16.00-17.30)
Baloncesto: martes (17.00-18.00)
Baile moderno, no ximnasio do colexio: Martes (19.00-20.00) e xoves (18.30-19.30)
Pilates: martes (20.00-21.00) e xoves (19.30-20.30)
Kárate, no ximnasio do colexio: xoves (17.00-18.00)
Tiro con arco: sábado, 11.00-13.00

- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 1798
O Concello da Baña e o Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala xa teñen todo preparado para celebrar unha nova edición do CMP Trail o vindeiro domingo, 6 de outubro. Tras o éxito acadado o ano pasado co patrocinio da marca italiana CMP con 300 participantes, esta carreira de montaña contará cunha distancia de 26,5 quilómetros e incluirá a categoría de Mini Trail (17 km), ademais de dúas andainas non competitivas de 16 e 10,5 km. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do xoves, 3 de outubro.
Nesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17, con 500 metros de subida. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra da Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km).
A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15€, mentres que a de 17 quilómetros custa 10. Para participar en calquera das dúas categorías da andaina hai que aboar 5€. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e no caso da andaina Amateur, terán que ir acompañados dun titor. A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do vindeiro xoves, 3 de outubro.
Corredores de renome como Pedro Nimo e Alberto Carou participaron na anterior edición da carreira, na que Víctor Cousillas, María Fabeiro, Moisés Bereijo e Vanesa Mella se fixeron coas victorias das diferentes modalidades.
Gráficas Esteiro (Santiago), Deportes P. Alvite (Santa Comba), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es patrocinan esta actividade que se está a converter nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.

