-
O prazo para presentar reclamacións remata o 16 de novembro
-
O DOG publicou o anuncio o pasado 3 de outubro
O Concello da Baña publica hoxe un documento de alegación tipo á liña de alta tensión do parque eólico de Troitomil para que as persoas interesadas que o considren poidan presentar obxeccións antes do 16 de novembro. O documento de alegación pódese descargar no arquivo adxunto e neste enlace
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 3 de outubro o acordo da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Vicepresidencia polo que se somete a exposición a solicitude de declaración de utilidade pública, coa conseguinte necesidade urxente de ocupación e expropiación forzosa, do proxecto LAT 132kv set parque eólico Troitomil-LAT 132kv SET parque eólico Banzas/SET colectora Lousame, que a empresa Green Capital Power ten previsto desenvolver nos concellos da Baña e de Negreira.
O DOG tamén publicaba o día 3 a listaxe de persoas e bens afectados e informa que o prazo para presentar alegacións é de 30 días, polo que remata o 16 de novembro. O proxecto, que conta cun orzamento de 1.982.000 euros, ten un prazo de execución de seis meses
Toda a documentación e os planos do proxecto pódense consultar na seguinte ligazón:
De xeito físico, as persoas interesadas poderán informarse tamén nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer 2 da Coruña), de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, así como nas casas do concello da Baña e de Negreira.