O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo polo que se somete a exposición pública durante o prazo de 30 días o parque eólico de Barrosino, no concello da Baña. A empresa Green Capital Power ten previsto instalar tres aeroxeneradores, cunha potencia total de 13,5 MW, no Alto da Pedrida Santa Mariña.
O Concello da Baña anima á veciñanza a consultar este proxecto e presentar as súas alegacións antes do 22 de outubro de 2021. Así mesmo, o Concello analizará toda a documentación relativa ao proxecto para ofrecer asesoramento e remitir as alegacións oportunas.
O proxecto de execución do parque eólico de Barrosino, o plano xeral do proxecto do parque eólico, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal poden consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia neste enlace, así como no taboleiro de anuncios do consistorio e nos enlaces que a continuación se detallan.
Documentos relacionados:
- Proxecto Execución (agosto 2021-vsdo.05/08/2021)
- Plano Xeral parque eólico Barrosino
- Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (agosto 2021-asdo.05/08/2021)
- Proxecto Sectorial de incidencia supramunicipal (novembro2020_rev1-vsdo.05/08/2021)
Anuncios no DOG: