Autor: Francisco Castro
Título: Un bosque cheo de faias
Data de lectura:

outubro-novembro de 2012

Resumo:

Un bosque cheo de faias recrea o mundo da violencia neonazi. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade. Mais axiña ha centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de quince anos que só desexa ter unha vida normal.

Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ao abuso e así rematar coa persecución e coa intolerancia que pesa sobre el.

Unha historia de amizade, de loita, de intriga e de equívocos fatais.”

(Editorial Everest Galicia)

Autor: Marcos S. Calveiro
Título: O carteiro de Bagdad
Data de lectura:

outubro-novembro de 2012

Resumo:

“Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.”

(Tambre)

Na próxima sesión que será o 18 de decembro de 2012 en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre os libros e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

Este ano, Preescolar na Casa non vai ofertar as xuntanzas de familias. Dado que era unha actividade que tiña moita aceptación neste concello, o Concello da Baña pensa ofrecer unha alternativa co programa Maimiños dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos e ás súas familias.

Este programa ten como obxectivos compartir un espazo de relación, adquirir coñecementos sobre o desenvolvemento infantil, interrelacionar as distintas xeracións da familia, fomentar o interese pola lectura, transmitir xogos tradicionais, favorecer a socialización das crianzas e, sobre todo, gozar en convivencia.

As sesións de Maimiños realizaranse, a partir do 6 de novembro, todos os martes, primeiros e terceiros de mes, en horario de 17.00 h a 18.30 h, na casa de cultura (Rúa das Dores, San Vicenzo).

Todas aquelas familias que estean interesadas en participar poden anotarse no teléfonos 981 817 605 (Patricia) / 981 886 501 (Carme) / 607 153 604 preferentemente antes do 30 de outubro.

Calquera membro da familia (pai, nai, avó, avoa, tío, tía…) pode acompañar os nenos e as nenas ás sesións de Maimiños co fin de enriquecer a comunicación familiar.

Ficheiros: 

Maiminos.pdf

Autor: Rosa Aneiros
Título: Resistencia
Data de lectura:

xullo, agosto de 2012

Resumo:

Resistencia é unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa de man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio. Para os protagonistas, a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Dinís, un obreiro da fábrica de vidro Irmãos Stephen, e Filipa, filla dun rico comerciante de Coímbra, namoraron perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar aos designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis.”

(Edicións Xerais de Galicia)

Na próxima sesión que será o 5 de setembro de 2012 en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

DATAS: do 16 ao 19 de OUTUBRO de 2012

PREZO260 € por persoa

INSCRICIÓNConcellería de Cultura do Concello (última planta)

INFORMACIÓN: Tels. 981 886 501/607 151 889

Ficheiros: 

VIAXE_CONCELLO_2012.pdf

A Aula de Informática en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística oferta actividades para gozar coas TIC neste verán.

  1. Xeografía interactiva
  2. Cousas de Google
  3. Cal é a túa web preferida
  4. Aprende Windows XP
  5. Complementos de Photoscape
  6. Blogalízate na Baña
  7. Publicita A Baña coas TIC

Os rapaces e as rapazas interesadas poden anotarse na aula de informática ou no teléfono 981 886 669. 

Ficheiros: 

Veran_2012_na_Aula_de_Informatica.pdf