A Escola Municipal de Música da Baña abrirá as súas portas a toda a cidadanía e especialmente ao alumnado que cursa primeiro de grao elemental e iniciación á música para que se familiarice coas disciplinas musicais que se imparten na Escola.

Data: 26 de novembro de 2011

Hora: 12.00 h

Lugar: escola de música 

O profesorado da Escola ensinaralle ao alumnado como se toca o instrumento da súa especialidade.

Ficheiros:

Xornada_de_Portas_Abertas_da_Escola_Municipal_de_Musica_da_Bana.pdf

ANÍMATE NA BAÑA

         DINAMIZACIÓN DE ADULTOS 2011

       DATA DE INICIO  27 DE SETEMBRO

  HORARIO DAS ACTIVIDADES
    MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

HORA

16:15 - 17:45 O BARRO SAN CIBRÁN A RIBA BARCALA
18:00 - 19:30 MARCELLE SAN MAMEDE SUEVOS  

                         

          As actividades que se realizarán este novo curso son:

-          educación viaria

-          taller de memoria

-          taller de lectura e biblioteca itinerante

-          coloquio sobre  alimentación e nutrición

-          manualidades

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:

Concellaría de Cultura do Concello da Baña en horario de 9:00 a 14:00 h no teléfono 981 886 501, ext.4

Centro Social e da Terceira Idade en horario de 17:00 a 20:00 h no teléfono 607 574 960

NOTA IMPORTANTE:AS PARROQUIAS QUE NO ANTERIOR CURSO NON FORMARAN GRUPO E ESTEAN INTERESADAS EN TER ACTIVIDADES, DEBEN COMUNICALO NO CONCELLO, NO DEPARTAMENTO DE CULTURA

Ficheiros: 

ANIMATE_NA_BANA_2011.pdf

A Concellaría de Xuventude e Deportes do Concello da Baña comunícalles a todos/as os/as usuarios/as da Escola de Música que quedará aberto o prazo para pagar as taxas pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música a partir da segunda semana do mes de febreiro.

As cotas que hai que pagar son as seguintes:

Curso de iniciación á música (de 3 a 7 anos)            10 €/mes

1.º, 2.º, 3.º e 4.º de grao elemental                       20 €/mes

Instrumento                                                         20 €/mes

Cursos de preparación para acceder a grao medio      20 €/mes

Estes prezos redúcense un 50% para o segundo membro e seguintes da unidade familiar.

A Escola Municipal de Música comeza o curso 2011-12. Todas as persoas interesadas poden matricularse nas oficinas municipais en horario de 10.00 a 14.00 h.

A reunión para formalizar os horarios do novo curso será o venres, 23 de setembro ás 20.30 h.

Ficheiros:

Escola_de_Musica_triptico.pdf

A Exposición Elas Sempre están, que organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade, mostrará a situación das mulleres no rural galego.

Data exposición: Do 1 ao 15 de xuño

Lugar: Casa da Cultura da Baña

Horario: De 17:00 a 20:00 horas de luns a venres