• As clases, que comezarán o 2 de novembro, están abertas a nenos e adultos e desenvolveranse os luns ás 16:45 horas

  • En función da demanda, cabe a posibilidade de facer grupo o sábado e ter aulas individuais ou de coro

A Escola Municipal de Música da Baña incorporará en novembro como novidade a especialidade de canto. Será impartida polo profesor Narci Rodríguez, que conta nos seus estudos coa especialización en canto e foi durante moitos anos director artístico da agrupación Trópico de Grelos. É experto en xéneros como jazz, pop ou rock.

Tanto nenos como adultos poden iscribirse a esta nova actividade, que se desenvolverá a partir do 2 de novembro, en principio os luns ás 16:45 horas. Segundo as altas que se rexistren, cabe a posibilidade de facer outro grupo os sábados e tamén ter clases individuais ou de coro. A vocalización ou a expresión son algunhas das materias que se van traballar.

A especialidade de canto, como calquera outra das ofertadas pola Escola, ten un custo mensual de vinte euros. A este prezo aplicaráselle un desconto da metade do importe para o segundo e demáis membros de unidade familiar. Inclué nesta tarifa as clases de solfexo.

Estrito protocolo fronte á covid-19

 A Escola Municipal de Música da Baña, que comezou o curso 2020/2021 o pasado día 13 de outubro, está a seguir este ano un estrito protocolo de seguridade fronte á covid-19. Ademais do uso de máscaras e de puntos de desinfección, os grupos están formados por un máximo de catro alumnos, as clases desenvólvense en aulas moi grandes que garanten o mantemento das distancias sociais e, entre clase e clase, establécese un paréntese de dez minutos para ventilar e desinfectar os espazos.

Reactivación da Banda de Música

O seu director, Martín Pose, subliña que a Escola Municipal de Música se atopa a pleno rendemento a pesar da pandemia, que provococu un leve descenso da matrícula, e que seguen traballando na reactivación da Banda Municipal de Música.

Podes descargar o boletín de inscrición e o formulario de domiciliación bancaria ao final da nova correspondente ao seguinte enlace: https://cutt.ly/7gcd7aH