EDUCACIÓN PRIMARIA

Prazo de solicitude: 02/06/2014-02/07/2014

Familias monoparentais
Renda per cápita familiar ata 6.000,00 € 170,00 €
Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 € 90,00 €
Resto das familias
Renda per cápita familiar ata 5.400,00 € 170,00 €
Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 € 90,00 €

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Prazo de solicitude: 25/06/2014-28/07/2014 (período ordinario)

02/09/2014-02/10/2014 (período extraordinario)

Umbrais e importes:

Familias monoparentais
Renda per cápita familiar ata 6.000,00 € 180,00 €
Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 € 104,00 €
Resto das familias
Renda per cápita familiar ata 5.400,00 € 180,00 €
Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 € 104,00 €

 

EDUCACIÓN ESPECIAL

Prazo de solicitude: 02/06/2014-02/07/2014

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65% que solicite a axuda e cumpra os requisitos da convocatoria percibirá 250,00 €, con independencia da renda per cápita familiar.

 

IMPORTANTE

Obriga de incorporar, logo de rematar o curso os libros adquiridos con cargo á axuda a un fondo solidario que se constituirá nos centros.

 

SOLICITUDES E INFORMACIÓN

www.edu.xunta.es/web/axudaslibros

Centros educativos

Educadora familiar do Concello da Baña

Está aberta a convocatoria de solicitude de bolsas para o alumnado de niveis posobrigatorios para o curso 2013/14.

Persoas destinatarias: alumnado de programas de cualificación profesional inicial (PCPI), ciclos formativos, bacharelato,ensinanzas artísticas, e deportivas, universidade e escolas oficiais de idiomas.

Prazo de solicitude: do 20 de agosto ao 30 de setembro de 2013

Información e tramitación:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar.html

Máis información: educadora familiar do Concello da Baña

Orde do 21 de febreiro de 2013 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos. (DOG 06/03/2013)

Requisitos:

  • Necesidade urxente de recursos económicos para paliar  a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor/a legal,desemprego sustentador/a principal, enfermidade grave,violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a,  vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non contempladas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
  • Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante  o actual ano académico 2012-2013.
  • Estar matriculado, no curso académico 2012-2013, como mínimo en 50 créditos, en estudos  universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar  non  sexa superior  ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir 5.108,60 euros  (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía  a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
  • Non ter percibida esta axuda con anterioridade .

Prazo de presentación de solicitudes:

A presentación de  solicitudes poderá realizarse dende o día seguinte ao da publicación desta orde  no Diario Oficial de Galicia ata  o 1 de setembro de 2013.  

Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que teña acontecido a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.

Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación  será dun mes que hai que contar a partir do día seguinte á publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/web/node/8786

Educadora familiar do Concello da Baña

Orde do 20 de febreiro de 2013, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión (DOG 06/03/2013)

Requisitos:

  • Estar matriculado/a no curso 2012/2013, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
  • Ter  superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.
  • Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
  • As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2013.

A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.

 Quedan excluídos/as desta convocatoria:

  •  O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
  •  O alumnado que durante o curso 2012/2013 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa    comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país no que se está a desenvolver o devandito programa.

O prazo de presentación de solicitudes: desde o día 7 de marzo de 2013 ata o día 6 de abril de 2013

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/web/node/8785

Educadora familiar do Concello da Baña