A Secretaría Xeral de Igualdade, xunto co Fondo Social Europeo, abre o prazo de solicitude de subvencións para apoiar o emprendemento feminino ao abeiro do programa Emega. Esta iniciativa está composta dun conxunto de axudas dirixidas a respaldar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituidas por mulleres, entre outra accións complementarias. O prazo de presentación de solicitudes para as 5 liñas de axuda que compoñen o programa remata o vindeiro luns 5 de agosto.

Deste xeito, o programa Emega comprende as seguintes líneas de axuda:

  • Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 8.000 a 20.000 euros)
  • Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora. (De 12.000 a 20.000 euros)
  • Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. Ditas medidas non poderán supoñer, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea. (De 6.000 a 15.000 euros)
  • Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 16.000 a 40.000 euros)
  • Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras (3.00 euros) e  e Concilia-persoas traballadoras por conta allea (De 1.000 a 5.000 euros).

Por conseguinte, as beneficiarias das axudas do programa Emega son mulleres que inicien a súa actividade, ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 1 de agosto de 2018  e o fin do prazo de presentación de solicitudes ao amparo desta convocatoria (5 de agosto de 2019), sempre e cando cumpran todos os requisitos e condicións indicados nas bases do programa.

As interesadas poderán atopar toda a información detallada da convocatoria (documentación a entregar, bases do programa, prazos, cuantías económicas, anexos...)  na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

 

 

A Deputación da Coruña convoca as seguintes liñas de axudas no marco do Plan de Emprego Local 2016-2019:

Convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial: Bases reguladoras e apertura de prazo.

Convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables: Bases reguladoras e apertura de prazo.

Convocatoria de axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e  microempresas: Bases reguladoras e apertura de prazo.

Convocatoria das axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e  microempresas: Bases reguladoras e apertura de prazo.

O prazo de solicitude comeza mañá, día 21 de marzo, e remata o 22 de abril de 2019 ás 14:00 horas. As solicitudes e trámites realizaranse por vía telemática empregando o certificado dixital ou DNI electrónico a través da plataforma SUBTEL.

Fondo solidario de libros:

-3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP) e 1º e 3º de ESO.:

* renda per cápita inferior o igual a 5.400,00€ reciben 6 libros

*renda per cápita superior a 5.400,00€ e inferior a 9.000,00€: reciben 4 libros

*alumnado de educación especial (EE) cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, ou tutelado pola Xunta: 6 libros

 

Axudas para adquirir libros:

* renda per cápita inferior o igual a 5.400,00€ :

-1º e 2º de educación primaria: 170,00€

-2º e 4º de ESO.: 180,00€

*renda per cápita superior a 5.400,00€ e inferior a 9.000,00€:

-1º e 2º de educación primaria: 90,00€

-2º e 4º de ESO: 104,00€

*alumnado de EE: 250,00€

*alumnado tutelado pola Xunta: contía maior importe curso matriculado

 

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE:

*renda per cápita inferior o igual a 5.400,00€ : 50,00€

Os datos económicos son os do exercicio fiscal 2014

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de xuño de 2016

 

Información e presentación de solicitudes: centro escolar no que teña formalizada a matrícula

www.edu.xunta.es/axudaslibros/

sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B&procedemento=ED330B

Educadora familiar do Concello da Baña: 608 819 741

O venres 25 de xaneiro saiu publicada no DOG a Orde que establece as bases para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través dos seguintes programas:

  • Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo.
  • Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG ata o 30 de setembro de 2019.

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta en autónomos ou mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña e no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190125/AnuncioG0424-271218-0002_gl.pdf