Está aberto o prazo para solicitar as bolsas MEC para estudantes de ensino non obrigatorio (bacharelato, ciclos formativos e universitarios).

A tramitación faise na plataforma www.educacion.gob.es en Becas generales 2012-2013.

Para o alumnado que as solicita por primeira vez é requisito imprescindible rexistrarse previamente. O resto do alumnado ten que introducir o seu usuario (DNI/NIE) e o contrasinal.

O prazo de presentación é do 15 de agosto ao 1 de outubro de 2012.

Para máis información, contactar coa educadora familiar no núm. de teléfono 981 817 605 ou no 607 578 809.